Giacomo Casanova: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: ml:കാസനോവ |
m bot Engadido: sk:Giacomo Casanova |
||
Liña 44: | Liña 44: | ||
[[scn:Giacumu Casanova]] |
[[scn:Giacumu Casanova]] |
||
[[simple:Giacomo Casanova]] |
[[simple:Giacomo Casanova]] |
||
[[sk:Giacomo Casanova]] |
|||
[[sl:Giacomo Casanova]] |
[[sl:Giacomo Casanova]] |
||
[[sq:Giacomo Casanova]] |
[[sq:Giacomo Casanova]] |
Revisión como estaba o 11 de xuño de 2010 ás 05:44
Giacomo Girolamo Casanova, cabaleiro de Sengalt (título nobiliario que el mesmo se concedeu), nado en Venecia o 2 de abril de 1725 e falecido o 4 de xuño de 1798 en Dukhtsov, na actual República Checa, foi un aventureiro, viaxeiro e escritor italiano.
Traxectoria
O seu nome ficou asociado coas súas numerosas aventuras amorosas, que fixeron del un símbolo de conquistador. A súa fama como escritor baséase no seu voluminoso libro autobiográfico Historia da miña vida, escrito en francés e traducido a máis de vinte linguas, no que amosa un amplo panorama da vida das clases altas e burguesas da Europa do seu tempo e relata as súas relacións con mulleres de todos os ámbitos da sociedade. Casanova é un personaxe de lenda na cultura mundial á que dedicaron obras literarias ou ensaios Richard Aldington, Arthur Schnitzler, Marina Tsvetaeva ou Stefan Zweig. É tamén protagonista dunha ópera de Johann Strauss e da película de Federico Fellini “Casanova”.