Robert Delaunay: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: pl:Robert Delaunay |
m bot Engadido: da:Robert Delaunay |
||
Liña 30: | Liña 30: | ||
[[ca:Robert Delaunay]] |
[[ca:Robert Delaunay]] |
||
[[da:Robert Delaunay]] |
|||
[[de:Robert Delaunay]] |
[[de:Robert Delaunay]] |
||
[[en:Robert Delaunay]] |
[[en:Robert Delaunay]] |
Revisión como estaba o 11 de xuño de 2010 ás 00:07
Robert Delaunay (1885-1941) foi un pintor francés que utilizou o cubismo e a abstración nos seus traballos.
Nos seus comezos Delaunay concentrouse no impresionismo, mentres que máis adiante as súas obras foron evolucionando cara ó abstracto, reminiscencia de Paul Klee.
Cando era un neno, os pais de Delauney divorciáronse e foi criado polo seu tío, en La Ronchère (preto de Bourges). Comezou a pintar dende moi pequeno: no ano 1903 xa producía as súas obras de arte impresionista.
En 1908, despois do servizo militar, coñeceu a Sonia Delaunay, coa que máis tarde casou aínda que nesa época estaba casada cun alemán.
En 1909, Delaunay comezou a pintar unha serie sobre a cidade de París e a Torre Eiffel. Ó ano seguinte casou con Terk e instaláronse nun estudio na cidade de Paris, onde máis tarde tiveron un fillo.
Como invitación de Wassily Kandinsky, Delaunay uniuse en 1911 ó Der Blaue Reiter, un grupo de arte asbstracta situado na cidade de Muníc, e os seus traballos evolucionaron cara o abstracto.
O estourido da Primeira Guerra Mundial colleu a Delaunay e a súa dona de vacacións en España, o que fixo que, xunto cuns amigos, instaláranse en Portugal durante a guerra. Neste período, a parella fixo varios traballos como os deseños dos traxes da Ópera de Madrid, e Sonia Delaunay comezou o seu negocio de deseño.
Despois da guerra, en 1921, voltaron a París. Delaunay continuou traballando no seu estilo abstracto. Durante a Exposition Internationale des Arts et Techniques dans la Vie Moderne (1937), en Paris, Delaunay participou no deseño das liñas do tren e dos pavillóns do aire.
Cando estourou a Segunda Guerra Mundial, a familia Delaunay mudouse á Auvergne, intentando evita-las invasións das tropas alemás. Sufrindo de cancro, a saúde de Delaunay deteriorouse morrendo o 25 de outubro de 1941, en Montpellier.