Borja Oubiña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
homónimos
Sen resumo de edición
Liña 122: Liña 122:
| [[Segunda División de España|Segunda]]
| [[Segunda División de España|Segunda]]
|{{GAL}}
|{{GAL}}
|
|0
|
|0
|}
|}



Revisión como estaba o 7 de xuño de 2010 ás 19:11

Modelo:InfFut Borja Oubiña Meléndez, nado en Vigo o 17 de maio de 1982, é un futbolista galego que xoga habitualmente na posición de Mediocentro.

Aínda que de moi neno xogou no Moledo CF, formouse no Gran Peña e nas categorías inferiores do Celta de Vigo, ascendeu ao primeiro equipo en 2003. Nas tempadas 2005-2006 e 2006-2007 foi un indiscutíbel titular.

Traxectoria

Debutou co Celta nun partido contra o Valencia CF na tempada 2003-2004 da man de Miguel Ángel Lotina. Esa tempada xogou doce partidos de liga e dous da Champions, o primeiro deles contra o Arsenal londiniense, no estadio de Highbury Park.

Logo do descenso do equipo, Oubiña liderou o conxunto como titular habitual, ata o ascenso. Ao ano seguinte, xa en primeira, foi determinante para que os celestes acadaran a sexta praza e se clasificasen para a Copa da UEFA. Destaca pola súa capacidade para recuperar balóns.

Co descenso a Segunda División do equipo vigués en xuño de 2007 o xogador expresou o seu desexo de abandonar o club. Despois de que varios equipos se interesasen polo futbolista sen chegar a acordos co Celta, este cedeu a Oubiña ao Birmingham City inglés o mesmo día que pechaba o mercado de fichaxes (31 de agosto de 2007).

No minuto 11 de xogo na sexta xornada da Premier League, no seu segundo encontro co seu novo club, o primeiro como titular, fronte ao Liverpool FC, bate contra Dirk Kuyt o que produciu a rotura dos ligamentos do xeonllo esquerdo. A partir de aí comezaron os problemas e as presións por parte do Birmingham City que fixeron que finalmente rescindiran o contrato que lles unía. Así, Oubiña regresou a Vigo para continuar a súa recuperación e incorporarse ao Celta de Vigo, club co que aínda ten contrato.

438 días despois de ser operado do xeonllo, o xogador galego volveu atar as botas para desputar un encontro oficial. O 6 de nadal de 2008, Oubiña saltou ao campo no Nuevo Insular de Las Palmas. O partido perdeuno o Celta por 2-0.

Internacionalidade

Internacional coa selección galega no partido contra Uruguai, no debú do conxunto galego dende a posguerra (29 de decembro de 2005). Internacional tamén coa selección española, onde debutou nun partido contra Liechtenstein (2 de setembro de 2006).

Clubs

Ano Club División País Partidos Goles
2001-2002 Celta de Vigo B Segunda B Galicia Galicia 35 1
2002-2003 Celta de Vigo B Segunda B Galicia Galicia 20 3
2003-2004 Celta de Vigo B Segunda B Galicia Galicia 13 1
Celta de Vigo Primera Galicia Galicia 12 0
2004-2005 Celta de Vigo Segunda Galicia Galicia 30 1
2005-2006 Celta de Vigo Primera Galicia Galicia 36 1
2006-2007 Celta de Vigo Primera Galicia Galicia 30 1
2007-2008 Celta de Vigo Segunda Galicia Galicia 1 0
Birmingham City (Cedido) Premier Inglaterra Inglaterra 2 0
2008-2009 Celta de Vigo Segunda Galicia Galicia 15 0
2009-2010 Celta de Vigo Segunda Galicia Galicia 0 0

Curiosidades

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:CeltadeVigo