Ástures: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Categoría: PendenteCategoría
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:

Coa súa integración do Imperio romano, o termo "ástur" pasou a definir aos habitantes da provincia de Asturias, e máis tarde dentro da provincia da Gallaecia, aos habitantes do Convento xurídico asturicense. Xa na Idade Media acabaría por definir unicamente ás comunidades que vivían entre a cordilleira cantábrica e o mar cantábrico, tendo por limite occidental o río Navia e oriental o Deva, se ben o termo ástur tamén acabaría integrando a toda Cantabria, chamada durante séculos "Asturias de Santillana".

{{DEFAULTSORT:Astures}}

{{sencat}}
{{sencat}}

Revisión como estaba o 7 de xuño de 2010 ás 11:01

Os Ástures eran un pobo da Antigüidade que habitaba o Norte da Península Ibérica. A filiación lingüística permanece aínda na hi, aínda que se verifique a presenza de termos relacionados co grupo céltico indoeuropeo.

O seu territorio comprendía aproximadamente as actuais provincias de León Zamora, a maior parte de Asturias, así como parte dos territorios das actuais provincias galegas de Lugo e Ourense. Considérase que a orixe e formación desta cultura está radicada, entre outros aspectos, na mestura dun pobo autóctono - de orixe descoñecida - coa chegada dun grupo poboacional da zona centro-europea. Non obstante, a etnicidade deste grupo de comunidades permanece dubidosa, sendo que a maioría dos investigadores contemporáneos tenden a considerar que a denominación "Ástures" se tratase meramente dun convencionalismo empregado polos romanos á súa chegada ao noroeste peninsular, durante o século I a.C..

Será, por tanto, máis preciso cinguirse o estudo a grupos de comunidades locais, organizados ao longo de vales e unidades territoriais menores, conforme se confirman nas singularidades presentes nas decoración cerámicas da Idade do Ferro, que denotan particularidades comarcais.