Padal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
padal
arranxiños na definición, tirados da wiki pt
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Amigdalas diag.jpg|thumb|Localización do padal]]
[[Imaxe:Amigdalas diag.jpg|thumb|Localización do padal]]
O '''padal''' é unha estrutura da [[glote]] que a separa das [[foxa nasal|foxas nasais]]: é unha zona de rozamento cuxa interacción [[lingua]]-padal permite articular sons.
O '''padal''' ou '''ceo da boca''' é unha estrutura dos animais [[vertebrado]]s, incluindo os [[humano]]s. Esta estrutura da [[glote]] separa [[cavidade oral]] da [[cavidade nasal]]: é unha zona de rozamento cuxa interacción [[lingua]]-padal permite articular sons. O padal divídese en dúas partes, a parte ósea anterior ("[[padal duro]]") e a parte mol posterior ("[[padal brando]]" ou "veo do padal").


== Histoloxía ==
O padal presenta unha porción xinxival ou [[encía]], unha zona graxa e unha zona glandular no padal duro e o padal brando. Ambas as dúas metades do padal únense no rafe medio.
O padal presenta unha porción xinxival ou [[encía]], unha zona graxa e unha zona glandular no padal duro e o padal brando. Ambas as dúas metades do padal únense no rafe medio.



Revisión como estaba o 6 de xuño de 2010 ás 12:03

Localización do padal

O padal ou ceo da boca é unha estrutura dos animais vertebrados, incluindo os humanos. Esta estrutura da glote separa cavidade oral da cavidade nasal: é unha zona de rozamento cuxa interacción lingua-padal permite articular sons. O padal divídese en dúas partes, a parte ósea anterior ("padal duro") e a parte mol posterior ("padal brando" ou "veo do padal").

Histoloxía

O padal presenta unha porción xinxival ou encía, unha zona graxa e unha zona glandular no padal duro e o padal brando. Ambas as dúas metades do padal únense no rafe medio.

O padal, na zona da encía e no rafe medio do padal duro presenta unha mucosa sésil, é dicir, sen submucosa, cunha lámina propia directamente unida ao periostio. O epitelio da mucosa sésil é plano pluriestratificado. Se aparece cornificación no padal brando hai patoloxía.

A zona graxa do padal duro presenta unha submucosa con graxa, en tanto que a zona glandular presenta pequenas glándulas salivares menores. O padal duro atópase ricamente innervado.

O padal brando presenta músculo esquelético. O padal brando está interposto entre boca e as foxas nasais. Así, o epitelio que reviste a porción do padal brando que dá cara ás foxas nasais é igual ao que as reviste a elas mesmas, de tipo prismático pseudoestratificado, en tanto que o epitelio que dá cara á boca é plano pluriestratificado con probable paraqueratose. O padal brando presenta submucosa. No padal brando todas as glándulas son de tipo mucoso.

O padal constitúe a parede superior ou teito da cavidade oral. Está dividido en dúas partes, a bóveda palatina ou padal óseo nos seus dous terzos anteriores, e o padal brando ou veo do padal no seu terzo posterior. No centro e na parte máis posteroinferior do veo do padal atópase pendurada a úvula ou pinguel.

Patoloxía