César Antonio Molina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+ imaxe
arranxiño menor
Liña 12: Liña 12:
profesión= Escritor|
profesión= Escritor|
}}
}}
'''César Antonio Molina Sánchez''', nado na [[Coruña]] o [[14 de setembro]] de [[1952]], é un escritor e político [[Galiza|galego]]. Foi [[Ministerio de Cultura de España|ministro de Cultura]] [[España|español]] entre [[2007]] e [[2009]].
'''César Antonio Molina Sánchez''', nado na [[Coruña]] o [[14 de setembro]] de [[1952]], é un escritor e político [[Galiza|galego]]. Foi [[Ministerio de Cultura de España|ministro de Cultura]] do goberno de [[España]] entre [[2007]] e [[2009]].


==Traxectoria==
==Traxectoria==

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2010 ás 10:52

Infotaula de personaCésar Antonio Molina Sánchez
Nome orixinal(es) César Antonio Molina Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Galicia A Coruña
Cargos
Ministro de Cultura (2007 - 2009)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - dereito
Universidade Complutense de Madrid - xornalismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEscritor
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
Q5755511 Traducir
Instituto Cervantes
Círculo de Belas Artes de Madrid Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPSdeG-PSOE
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de agosto de 2020In defense of the reign of Juan Carlos I (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMercedes Monmany Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2916810 Bitraga: 1367 Dialnet: 20737 Editar o valor em Wikidata

César Antonio Molina Sánchez, nado na Coruña o 14 de setembro de 1952, é un escritor e político galego. Foi ministro de Cultura do goberno de España entre 2007 e 2009.

Traxectoria

Licenciouse en Dereito e en Ciencias da Información. Doutorouse cum laude cun traballo de investigación sobre A prensa literaria española, publicado en tres volumes. Foi profesor da Universidade Complutense de Madrid e seguiu séndoo nos últimos anos, na facultade de Humanidades e Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid. Durante varios anos coordinou os Cursos de Humanidades da Universidade de Verán do Escorial.

Entre 1985 e 1996 traballou en Cambio 16 e Diario 16 onde foi director asistente e responsable das páxinas de cultura e espectáculos, así como dos suplementos Culturas e Libros. En 1996 incorporouse ao Círculo de Bellas Artes de Madrid como director-xerente.

En maio de 2004 foi nomeado Director do Instituto Cervantes e o 6 de xullo de 2007 foi nomeado ministro de Cultura en substitución de Carmen Calvo, polo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

En setembro de 2005 o goberno de Francia outorgoulle a Orde das Artes e Letras.

Nas Eleccións Xerais de 2008 encabeza a candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña, resultando elixido, e máis tarde confirmado como Ministro de Cultura na IX Lexislatura.

Trala remodelación do Goberno do 7 de abril de 2009 deixou o Ministerio de Cultura sendo substituído por Ángeles González-Sinde[1]. En xuño de 2010 falou desa substitución, mencionando que se debera a razóns de paridade e glamour[2], e dixo de Zapatero que es una persona que no escucha y que sólo se fía de sí mismo.

Carreira literaria

Escritor en galego e en castelán, ten traballado fundamentalmente a prosa científica e a poesía, pero tamén é coñecido o seu labor como antoloxista.

Libros publicados

En galego

En castelán

  • Épica. A Coruña: Argrove, 1974. 45 p.
  • Proyecto preliminar para una arqueología de campo [poesía]. Barcelona: Anthropos, 1978. 103 p.
  • Últimas horas en Lisca Blanca. León: 1979. 20 p.
  • La estancia saqueada [poesía]. Barcelona: Los libros de la frontera, 1983. 86 p.
  • La revista Alfar y la prensa literaria de su época (1920-1930). A Coruña: NOS, 1984. 397 p.
  • Antología de la poesía Gallega contemporánea. Madrid: Júcar, 1984. 509p.
  • Gobierno de un jardín. Cuenca: II MENU, 1986. (Colección Cuadernos de poesía)
  • Derivas. Madrid: Maina, 1987. 84 p.
  • Medio siglo de Prensa literaria española (1900-1950) [ensayo]. Madrid: Endymion, 1990. 394 p.
  • Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa. Madrid: Akal, 1990. 400p.
  • Las ruinas del mundo. Barcelona: Anthropos, 1991. 480p.
  • Para no ir a parte alguna. Valencia: Pre-textos, 1994, 85 p.
  • Sobre la inutilidad de la poesía. Madrid: Huerga & Fierro, 1995. 492p.
  • Nostalgia de la nada perdida; ensayo sobre narrativa contemporánea. Madrid: Endymion, 1996. 520 p.
  • Vivir sin ser visto. Barcelona: Península, 2000. 238p.
  • A Coruña, agua y luz. Edición bilingüe castellano-inglés. Barcelona: Lunwerg, 2001. 254p.
  • Olas en la noche. Valencia: Pre-textos, 2001. 87p.
  • Regresar a donde no estuvimos. Barcelona: Península, 2003. 461 p.
  • Viaje a la Costa da morte. Madrid: Huega & Fierro, 2003. 315 p.
  • En el mar de Ánforas. Valencia: Pre-Textos, 2005 (Colección de poesía) 204p.
  • En honor de Hermes. Madrid: Huerga & Fierro, 2005. 769p.
  • Fuga del amor. Barcelona: Destino, 2005. 245p.
  • El rumor del tiempo. Madrid: Círculo de lectores, 2006

Notas

  1. Ángeles González Sinde substitúe a César Antonio Molina como Ministro de Cultura, culturagalega.org, 7 de abril de 2009.
  2. "César Antonio Molina: «Zapatero me dijo que me destituía por la paridad y por el glamour»", entrevista de Manuel Jabois a César Antonio Molina no Diario de Pontevedra, 2 de xuño de 2010 (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas


Predecesor:
Jon Juaristi
 Director do Instituto Cervantes 
2004 - 2007
Sucesor:
Carmen Cafarell
Predecesor:
Carmen Calvo
 
Ministro de Cultura de España
 
2007 - 2009
Sucesor:
Ángeles González-Sinde