Alexander Graham Bell: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: so:Alexander Graham Bell
Liña 83: Liña 83:
[[sk:Alexander Graham Bell]]
[[sk:Alexander Graham Bell]]
[[sl:Alexander Graham Bell]]
[[sl:Alexander Graham Bell]]
[[so:Alexander Graham Bell]]
[[sr:Александар Грејам Бел]]
[[sr:Александар Грејам Бел]]
[[su:Alexander Graham Bell]]
[[su:Alexander Graham Bell]]

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2010 ás 20:34

Alexander Graham Bell

Alexander Graham Bell, nado o 3 de marzo de 1847 e finado o 2 de agosto de 1922, foi un científico e inventor escocés.

Está considerado o primeiro inventor do teléfono, aínda que isto chegou a ser polémico, con xente demandando que Antonio Meucci fora o inventor verdadeiro (en xuño de 2002, a Cámara de Representantes dos Estados Unidos de representantes aprobou un acordo simbólico que recoñecía oficialmente a Meucci polas súas contribucións á invención do teléfono). Outros indican a Elisha Gray, o fundador da Western Electric Manufacturing Company. (cada un destes homes inventou pola súa conta un teléfono). Bell foi tamén responsable de avances importantes na tecnoloxía da aviación.

Traxectoria

Profesor na Universidade de Bostón, e coa axuda do seu colaborador Thomas Watson, e o patrocinio dos pais de George Sanders e Mabel Hubbard (con quen casaría o 11 de xullo de 1877), inventou o teléfono, un aparello para transmitir o son a longas distancias, grazas á transformación do son en impulsos eléctricos, patentado o 7 de marzo de 1876.

Bell falando por teléfono. 1876

En 1880, Bell recibiu o premio Volta da Academia Francesa de Ciencias. Investiu o diñeiro obtido con este premio (50 mil francos) no desenvolvemento dun novo proxecto, o fotófono, en colaboración con Charles Sumner Tainter. O invento intentaba transmitir o son utilizando un raio de luz, un precursor da fibra óptica. Tamén traballou nun dos primeiros sistemas de gravación de sons coñecido, baseado en imprimir un campo magnético para reproducir sons. A idea foi abandonada ao non poderse construír un prototipo; con todo, os principios básicos atoparían aplicacións prácticas case un século máis tarde, nas cintas magnéticas e as computadoras.

En 1882, Bell obtivo a cidadanía de Estados Unidos por naturalización. Foi fundador, en 1888, da National Geographic Society, da que foi o seu segundo presidente.

Véxase tamén

Modelo:Link FA