Ano Santo Xacobeo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m {{Outroshomónimos}}
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pl:Rok Święty Jakubowy
Liña 11: Liña 11:
[[Categoría:Festas e romarías galegas]]
[[Categoría:Festas e romarías galegas]]
[[Categoría:Camiño de Santiago]]
[[Categoría:Camiño de Santiago]]

[[pt:Jubileu Compostelano]]


{| class="wikitable" style="text-align:center; width:80%;"
{| class="wikitable" style="text-align:center; width:80%;"
Liña 85: Liña 83:
[[fr:Année Sainte Compostellane]]
[[fr:Année Sainte Compostellane]]
[[it:Anno Giacobeo]]
[[it:Anno Giacobeo]]
[[pl:Rok Święty Jakubowy]]
[[pt:Jubileu Compostelano]]
[[pt:Jubileu Compostelano]]
[[tr:Aziz Yakup'un Yılı]]
[[tr:Aziz Yakup'un Yılı]]

Revisión como estaba o 2 de xuño de 2010 ás 17:56

O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo compostelán, é unha celebración católica que se celebra en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto sucede cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século se celebren catorce Xacobeos.

Para conseguir a bula xubilar ou xubileu o católico ten que visitar a Catedral de Santiago de Compostela, onde segundo a tradición está o sartego do apóstolo Santiago o maior, rezar algunha oración, cando menos o Credo, o Noso Pai e pedir polas intencións do papa. Tamén debe recibir os sacramentos da comuñón e da penitencia. A gracia que o peregrino obtén en ano santo é a indulxencia plenaria dos seus pecados.

O primeiro ano santo compostelán do que se ten noticia é o do ano 1428, convocado polo arcebispo Lope de Mendoza, aínda que a historiografía tradicional afirmaba que se debía a unha bula do papa Calisto II no ano 1122 grazas a unha falsificación feita a fins do século XV da bula de Alexandre III, Regis Aeterni, que o establecía así.

Táboa dos Anos Santos Jacobeos, periodicidade: 6, 5, 6, 11
OS 28 ANOS SANTOS XACOBEOS DOS SÉCULOS XX e XXI
+6 +5 +6 +11
+28 1909 1915 1920 1926
+28 1937 1943 1948 1954
+28 1965 1971 1976 1982
+28 1993 1999 2004 2010
+28 2021 2027 2032 2038
+28 2049 2055 2060 2066
+28 2077 2083 2088 2094
Fonte: Calendario perpetuo

Galeria de Imaxes

Véxase tamén