Miroslav Klose: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: la:Miroslav Klose |
m bot Engadido: nn:Miroslav Klose |
||
Liña 75: | Liña 75: | ||
[[nds:Miroslav Klose]] |
[[nds:Miroslav Klose]] |
||
[[nl:Miroslav Klose]] |
[[nl:Miroslav Klose]] |
||
[[nn:Miroslav Klose]] |
|||
[[no:Miroslav Klose]] |
[[no:Miroslav Klose]] |
||
[[pl:Miroslav Klose]] |
[[pl:Miroslav Klose]] |
Revisión como estaba o 1 de xuño de 2010 ás 18:56
Modelo:InfFutMiroslav Klose (nado Mirosław Klose o 9 de Xuño, 1978 en Opole, Polonia) é un goleador da selección nacional de fútbol de Alemaña. A súa nai Barbara foi membro do equipo nacional polaco de balonmán (82 encontros internacionais)e o seu pai Josef, de etnia xermana, foi entre outras cousas un xogador de fútbol profesional no AJ Auxerre. A familia mudou primeiro á Francia e logo, no 1987, á Kusel en Alemaña. No Mundial de fútbol Corea e Xapón 2002, marcou cinco goles coa Selección de fútbol de Alemaña, rematando coma un dos mellores xogadores do mundial. Esta marca a repetiría catro anos despois no Mundial de fútbol Alemaña 2006, resultando máximo anotador do torneo e quedando en terceiro posto coa selección xermana.
Na atualidade xoga no Bayern Munich, do que é unha das súas estrelas.
"Miro" e a súa muller Sylwia foron pais de xemelgos o 30 de xaneiro de 2005, chamados Luan e Noah.
Perfil do xogador
A pesar da súa fama relativamente modesta, Klose é un dos mellores dianteiros que rematan coa testa na Bundesliga. Ademais, xoga dunha maneira naturalmente agresiva e é tecnicamente un xogador apropiado, capaz de rematar cos pés tamén. No 2005, o introvertido Klose é considerado coma un dos mellores goleadores alemáns.
Outros datos
A marca de fábrica de Miro, a celebración dos goles, consiste en abrazar ós seus compañeiros de equipo Johan Micoud e Ivan Klasnic ou un "Salto" (termo alemán para voltereta) que fixo ata cinco veces durante a Copa do Mundo de 2002.