Paio, mártir: Diferenzas entre revisións
m homónimos |
m bot Engadido: ca:Pelagi de Còrdova |
||
Liña 30: | Liña 30: | ||
[[Categoría:Santos de Galicia]] |
[[Categoría:Santos de Galicia]] |
||
[[ca:Pelagi de Còrdova]] |
|||
[[de:Pelagius von Córdoba]] |
[[de:Pelagius von Córdoba]] |
||
[[en:Pelagius of Cordova]] |
[[en:Pelagius of Cordova]] |
Revisión como estaba o 1 de xuño de 2010 ás 09:29
San Paio Mártir, nado en Albeos, Crecente (daquela parte do condado de Turonia) no ano 911 e falecido en Córdoba o 26 de xuño de 925, foi un rapaz cristián martirizado durante o califato de Abderramán III e canonizado posteriormente pola Igrexa Católica, como exemplo de virtude da castidade xuvenil fronte á homosexualidade.
O seu día no santoral católico é o 26 de xuño.
Martirio e morte
O seu martirio, descrito truculentamente no santoral, foi por despedazamento ou desmembramento mediante tenazas de ferro. Trala batalla de Valdejunquera (920), moitos habitantes cristiáns do Reino de León foron levados prisioneiros a Córdoba. Entre eles estaban Paio e seu tío Hermixio, bispo de Tui. Éste foi liberado coa fin de que xuntara un rescate, mentras que Paio quedaba en calidade de refén.
Segundo a tradición dise que o califa Abderramán III, prendado da súa beleza, requiriulle contactos sexuais, ós que se negou, provocando a súa tortura e morte.
Súa haxiografía reflexa que durante os catro anos que pasou en Córdoba en calidade de refén sen que o rescate fora pagado polo seu tío bispo, o mozo destacou pola súa intelixencia e a súa fe, facendo proselitismo de Cristo, insistindo en que foi esta actividade a que provocou que fora tentado por Abderramán III para que se convertise ó Islam, que rexeitou con vehemencia: Si, o rei, son cristián. Funo e sereino pola gracia de Deus. Tódalas túas riquezas non valen nada. Non penses que por cousas tan pasaxeiras vou renegar de Cristo, que é o meu Señor e o teu aínda que non o queiras."[1]
Veneración
O martirio en defensa da súa fe xustificou a súa pronta canonización. Deseguida pasou a recibir culto. A partir do século XI, no que os reinos cristiáns intervirían na política interior dos reinos musulmáns de taifas, moitos santos cristiáns foron trasladados ó norte, e o mesmo ocorreu cos seus restos: primeiro á cidade de León, e logo ó mosteiro beneditino de San Pelayo en Oviedo, que leva o seu nome (e que non debe confundirse con Paio de Asturias, primeiro rei de Asturias.
Aínda que a historia da súa vida non ten na actualidade moita repercusión no imaxinario colectivo o seu nome ten amplísima difusión en topónimos da Galiza toda.
Santo patrón
San Paio Mártir é santo patrón do Seminario Menor de Tui e de moitas parroquias galegas.