Requila: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
m Non erá rei de Galicia '''e''' dos suevos
Liña 8: Liña 8:
{{S-ttl|title=[[reino de Galiza|Rei de Galicia]]|years=438–448}}
{{S-ttl|title=[[reino de Galiza|Rei de Galicia]]|years=438–448}}
{{S-aft|after=[[Requiario]]}}
{{S-aft|after=[[Requiario]]}}
{{s-out}}
{{s-bef|before=[[Hermerico]]}}
{{s-ttl|title=[[Lista de reis suevos|Rei dos Suevos]] | years=438–448}}
{{s-aft|after=[[Requiario]]}}
{{End box}}
{{End box}}



Revisión como estaba o 31 de maio de 2010 ás 12:53

Dominios da monarquía sueva, e exentensión do reino de Galicia arredor do ano 500 d.C.

Requila (?-448) foi o segundo monarca suevo do reino de Galiza. Subiu ó trono en 438 por desexo do seu pai Hermerico que estaba enfermo desde anos atrás. Adoptou unha actitude moi agresiva contra os galaicos nativos e a igrexa católica. Enfrontouse aos bispos e favoreceu ó clero priscilianista. Firmou un novo Foedus con Roma e alianzas coas tribos Bagaudas (bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios). Dirixiu unha política expansionista con campañas por Lusitania e a Bética derrotando no 438 a Andevoto (dux romano segundo Isidoro de Sevilla ou un xefe local segundo outras fontes), e en 439 conquistou Mérida. Apoderouse de Sevilla en 441. Durante o seu curto reinado chegou a facerse dono de case toda a actual Andalucía e de parte do Levante. Tamén fixo incursións na Tarraconense e no 446 derrotou ao xeneral romano Veto e as súas tropas auxiliares visigodas. Á súa morte en 448 sucedeuno o seu fillo Requiario.

Requila
Nacemento:  ? Falecemento: 448


Títulos Reais
Precedido por
Hermerico


Rei de Galicia
438–448
Sucedido  por
Requiario

Véxase tamén

Bibliografía

  • López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 8496203271.

Outros artigos