Nervio hipogloso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
CaixaAnatomía tirado de wiki en inglés
arranxo
Liña 1: Liña 1:
{{CaixaNervio |
{{CaixaNervio |
Nome = Hypoglossal nerve |
Nome = Nervio hipogloso |
Latín = nervus hypoglossus |
Latín = nervus hypoglossus |
GraySubject = 207 |
GraySubject = 207 |
Liña 10: Liña 10:
Inervación = [[xeniogloso]], [[hiogloso]], [[estilogloso]] |
Inervación = [[xeniogloso]], [[hiogloso]], [[estilogloso]] |
RamaDe = |
RamaDe = |
Ramas = [[ansa cervicalis]] |
Ramas = [[ansa cervical]] |
MeshName = Hypoglossal+Nerve |
MeshName = Hypoglossal+Nerve |
MeshNumber = A08.800.800.120.330 |
MeshNumber = A08.800.800.120.330 |

Revisión como estaba o 30 de maio de 2010 ás 15:40

Nervio hipogloso
Nervio hipogloso, plexo cervical e as súas ramas.
Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais anotados en inglés.
Latín nervus hypoglossus
Gray: subject #207 914
Ramas ansa cervical
MeSH Hypoglossal+Nerve

O nervio hipogloso, nervio hipogloso maior ou XII par cranial é un nervio craniano que se encarga especialmente de coordinar os movementos da lingua. Sae do cranio, do óso occipital, a través do burato condíleo anterior. Sae acompañado dos nervios do grupo do vago (IX, X e XI pares craniais). Despois sepárase deles e diríxese cara o borde lateral da lingua. Inervará a maior parte da musculatura extrínseca da lingua (o palatogloso non, que é inervado polo nervio accesorio) e parte dos músculos hoideos.

O seu núcleo atópase do bulbo raquídeo, no surco preolivar, que separa a oliva da pirámide. A este núcleo denomínaselle núcleo do hipogloso. É un nervio motor puro.

Ten 7 ramos colaterais:

  • Ramo menínxeo ou recurrente.
  • Ramos vasculares.
  • Ramo anstomóstico para o ganglio plexiforme do neumogástrico ou X par.
  • Nervio do músculo tirohioideo.
  • Nervio dos músculos hiogloso e estilogloso.
  • Ramo anastomótico para o nervio lingual.
  • Nervio do xenihioideo.