Arqueoloxía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Carronada (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Historia en progreso}}
{{Historia en progreso}}
[[Ficheiro:Dolina-Pano-3.jpg|right|thumb|400px|Excavación arqueolóxica en [[Atapuerca]].]]

A '''arqueoloxía''' é a [[ciencia]] que estuda as [[arte|artes]], [[monumento|monumentos]] e [[obxecto]]s da [[antigüidade|antigüidade]], especialmente a través dos seus restos. O nome ven do [[lingua grega|grego]] ''archaios'', "vello" ou "antigo", e ''logos'', "ciencia", "saber".
A '''arqueoloxía''' é a [[ciencia]] que estuda as [[arte|artes]], [[monumento|monumentos]] e [[obxecto]]s da [[antigüidade|antigüidade]], especialmente a través dos seus restos. O nome ven do [[lingua grega|grego]] ''archaios'', "vello" ou "antigo", e ''logos'', "ciencia", "saber".



Revisión como estaba o 29 de maio de 2010 ás 18:35


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Excavación arqueolóxica en Atapuerca.

A arqueoloxía é a ciencia que estuda as artes, monumentos e obxectos da antigüidade, especialmente a través dos seus restos. O nome ven do grego archaios, "vello" ou "antigo", e logos, "ciencia", "saber".

A arqueoloxía é unha disciplina dedicada ó estudo de culturas humanas pasadas. A maioría dos primeiros arqueólogos, que aplicaron a orixe da súa disciplina ós estudos dos anticuarios, definiron a arqueoloxía como o "estudo sistemático dos restos materiais da vida humana xa desaparecida"; outros arqueólogos enfatizaron aspectos psicolóxico-condutistas e definiron a arqueoloxía como "a reconstrución da vida dos pobos antigos".

Nalgúns países a arqueoloxía ten sido considerada sempre como unha disciplina pertencente á antropoloxía; mentres que esta se centraba no estudo das culturas humanas, a arqueoloxía dedicábase ó estudo das manifestacións materiais destas. Deste xeito, en tanto que as antigas xeracións de arqueólogos estudaban un antigo instrumento de cerámica como un elemento cronolóxico que axudaría a poñerlle unha data á cultura que era obxecto de estudo, ou sinxelamente como un obxecto cun certo valor estético, os antropólogos verían o mesmo obxecto como un instrumento que lles serviría para comprender o pensamento, os valores e a cultura de quen o fabricou.

A investigación arqueolóxica estivo relacionada fundamentalmente á idade de pedra e á antiguidade; non obstante, durante as últimas décadas a metodoloxía arqueolóxica aplicouse a etapas máis recentes, como a Idade Media ou ó período industrial. Na actualidade, os arqueólogos dedican ocasionalmente a súa atención a materiais actuais, investigan residuos urbanos, o que se coñece como Arqueoloxía industrial.

Véxase tamén

Modelo:Link FA