Tronco (anatomía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxo
Liña 22: Liña 22:
:Entre a [[pelve]] e o [[tórax]] encóntrase no individuo vivo o [[abdome]], de paredes esencialmente [[músculo|musculares]]. Ao contrario da caixa torácica, o abdome non ten unha estrutura ósea, mais os órganos dos sistemas referidos están protexidos por un complexo de [[tecido (histoloxía)|tecidos]], entre os cales o mais importante é o [[peritoneo]] e varias camadas de músculos.
:Entre a [[pelve]] e o [[tórax]] encóntrase no individuo vivo o [[abdome]], de paredes esencialmente [[músculo|musculares]]. Ao contrario da caixa torácica, o abdome non ten unha estrutura ósea, mais os órganos dos sistemas referidos están protexidos por un complexo de [[tecido (histoloxía)|tecidos]], entre os cales o mais importante é o [[peritoneo]] e varias camadas de músculos.


O tronco alberga os [[órgano (bioloxía)|órganos]] do aparello cardiopulmunar (o [[corazón]], os [[pulmón|pulmóns]] e os grandes [[vaso sanguíneo|vasos]]), o mesmo que os órganos responsábeis da [[dixestión]] (o [[estómago]], e o [[intestino]]) e as súas [[glándula]]s anexas (o [[fígado]] e o [[páncreas]]). Así mesmo, conté o [[aparello urinario]] (os [[ril]]es e a [[vexiga]]) e o [[aparello reprodutor feminino]] (o [[útero]], os [[ovario]]s e as [[trompa de Falopio|trompas de Falopio]]).
O tronco alberga os [[órgano (bioloxía)|órganos]] do aparello cardiopulmunar (o [[corazón]], os [[pulmón|pulmóns]] e os grandes [[vaso sanguíneo|vasos]]), o mesmo que os órganos responsábeis da [[dixestión]] (o [[estómago]], e o [[intestino]]) e as súas [[glándula]]s anexas (o [[fígado]] e o [[páncreas]]). Así mesmo, contén o [[aparello urinario]] (os [[ril]]es e a [[vexiga]]) e o [[aparello reprodutor feminino]] (o [[útero]], os [[ovario]]s e as [[trompa de Falopio|trompas de Falopio]]).


Os límites son:
Os límites son:

Revisión como estaba o 27 de maio de 2010 ás 12:34

Tronco dun home (Gray's Anatomy).

En anatomía, o tronco ou torso é a parte central do corpo de varios animais (incluíndo o ser humano), de onde se proxectan a cabeza e os membros (superiores e inferiores ou, nos cuadrúpedes, anteriores e posteriores). Está subdividido na caixa torácica (ou tórax) e no abdome. Estas dúas partes (que internamente son a cavidade torácica e a cavidade abdominal) están separadas por un músculo, en forma de bóveda, chamado diafragma.

Partes do tronco

Tanto desde un punto de vista topográfico como funcional, o esqueleto do tronco organízase en columna vertebral, tórax e pelve:

Eixe fundamental do corpo, central e posterior.
O tórax é a parte superior (ou anterior) do tronco, trátase dunha caixa elástica que vai da base do pescozo até o diafragma. A cavidade torácica alberga a maior parte do sistema respiratorio e o corazón, protexidos por unha armazón ósea que une o esterno á columna vertebral a través das costelas. Esta estrutura modifícase durante os movementos respiratorios grazas á acción dos músculos intercostais e do diafragma.
O tórax está formado por:
  1. A porción dorsal da columna vertebral, por detrás.
  2. O esterno, diante e arriba, no centro.
  3. As costelas, por detrás, diante e aos lados.
Especie de receptáculo na parte inferior do tronco conformado por:
  1. Os coxais
  2. O sacro
  3. O cóccix
Os coxais da pelve son ademais a cintura pelviana que fixa os membros inferiores ao tronco, mentres que sacro e cóccix son o final da columna vertebral.
Entre a pelve e o tórax encóntrase no individuo vivo o abdome, de paredes esencialmente musculares. Ao contrario da caixa torácica, o abdome non ten unha estrutura ósea, mais os órganos dos sistemas referidos están protexidos por un complexo de tecidos, entre os cales o mais importante é o peritoneo e varias camadas de músculos.

O tronco alberga os órganos do aparello cardiopulmunar (o corazón, os pulmóns e os grandes vasos), o mesmo que os órganos responsábeis da dixestión (o estómago, e o intestino) e as súas glándulas anexas (o fígado e o páncreas). Así mesmo, contén o aparello urinario (os riles e a vexiga) e o aparello reprodutor feminino (o útero, os ovarios e as trompas de Falopio).

Os límites son:

  • Na parte superior. O plano do pescozo que forman os anacronios (dereito e esquerdo), o punto supraesternal e o punto da vértebra prominente ou espiñal.
  • Na parte inferior. O plano das extremidades inferiores formado polo suco subglúteo e a parte máis baixa dos xenitais externos
  • Aos lados. Sepárao das extremidades inferiores os planos que forman os anacronios, e os vértices internos da pirámide, formada á súa vez polo anacronio (vértice superior), o brazo (cara externa), o tórax (cara interna), a omoplata (cara posterior) e o pectoral (cara anterior).

O límite tóracoabdominal está formado polo plano que pasa pola apófise xifoide do esterno, a apófise espiñosa da 12D, e as arcadas costais.