Tronco (anatomía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
adaptado da wiki en pt
 
imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Image:Grays_Anatomy_image1219.gif|thumb|RIGHT|Tronco dun home ([[Gray's Anatomy]]).]]

En [[anatomía]], o '''tronco''' ou '''torso''' é a parte central do corpo de varios animais (incluíndo o [[ser humano]]), de onde se proxectan a [[cabeza]] e os [[membro (anatomía)|membros]] (superiores e inferiores ou, nos [[cuadrúpedes]], anteriores e posteriores).
En [[anatomía]], o '''tronco''' ou '''torso''' é a parte central do corpo de varios animais (incluíndo o [[ser humano]]), de onde se proxectan a [[cabeza]] e os [[membro (anatomía)|membros]] (superiores e inferiores ou, nos [[cuadrúpedes]], anteriores e posteriores).



Revisión como estaba o 27 de maio de 2010 ás 10:57

Tronco dun home (Gray's Anatomy).

En anatomía, o tronco ou torso é a parte central do corpo de varios animais (incluíndo o ser humano), de onde se proxectan a cabeza e os membros (superiores e inferiores ou, nos cuadrúpedes, anteriores e posteriores).

Está subdividido na caixa torácica (ou, aínda, tórax) e no abdome. Estas duas partes (que internamente son a cavidade torácica e a cavidade abdominal) están separadas por un músculo en forma de abóbada - o diafragma.

O tórax é a parte superior (ou anterior) do tronco, indo da base do pescozo até o diafragma. A cavidade torácica alberga a maior parte do sistema respiratorio e o corazón, protexidos por unha armazón ósea que une o esterno á columna vertebral a través das costelas. Esta estrutura modifícase durante os movementos respiratorios grazas á acción dos músculos intercostais e do diafragma.

O abdome, ou sexa, a parte inferior (anterior) do tronco, abaixo ou atrás do diafragma, alberga os órganos do sistema dixestivo, do sistema urinario e, especialmente no caso das mulleres, os órganos sexuais internos. Ao contrario da caixa torácica, o abdome non ten unha estrutura ósea, mais os órganos dos sistemas referidos están protexidos por un complexo de tecidos, entre os cales o mais importante é o peritoneo e varias camadas de músculos.