Illa de San Simón: Diferenzas entre revisións
m 1859->1589 (Francis Drake) |
|||
Liña 8: | Liña 8: | ||
===Idade Media=== |
===Idade Media=== |
||
[[Ficheiro:Estatua dos xograres.JPG|thumb|right|Estatua adicada a [[Mendinho]], [[Johan de Cangas]] e [[Martín Codax]]]] |
[[Ficheiro:Estatua dos xograres.JPG|thumb|right|Estatua adicada a [[Mendinho]], [[Johan de Cangas]] e [[Martín Codax]]]] |
||
⚫ | |||
A illa foi un antigo centro monástico cantado polo poeta [[Mendinho]] na [[Idade Media]]. Proba disto é o seu escrito, o único, por parte do autor que se coñece, e que se cre que era nativo da zona. Na súa honra realizouse un busto na illa, así como a [[Johan de Cangas]] e a [[Martín Codax]]. |
A illa foi un antigo centro monástico cantado polo poeta [[Mendinho]] na [[Idade Media]]. Proba disto é o seu escrito, o único, por parte do autor que se coñece, e que se cre que era nativo da zona. Na súa honra realizouse un busto na illa, así como a [[Johan de Cangas]] e a [[Martín Codax]]. |
||
Liña 16: | Liña 17: | ||
Entre os séculos XII e XIII estivo habitada polos [[templarios]] e despois polos franciscanos, a Orde dos Pascualinos de San Simón. Mais en [[1370]] esta orde relixosa sofre a excomulgación, véndose obrigada a abandonar a illa. |
Entre os séculos XII e XIII estivo habitada polos [[templarios]] e despois polos franciscanos, a Orde dos Pascualinos de San Simón. Mais en [[1370]] esta orde relixosa sofre a excomulgación, véndose obrigada a abandonar a illa. |
||
Despois de permanecer case un século abandonada, a diocese de [[Tui]], que até o momento posuía o control político da illa, cédella a [[Isabel a Católica]], nun acto de bondade e agradecemento pola súa fidelidade.<ref>http://www.turismoredondela.net/es_n_illasansimon.php</ref> |
Despois de permanecer case un século abandonada, a diocese de [[Tui]], que até o momento posuía o control político da illa, cédella a [[Isabel a Católica]], nun acto de bondade e agradecemento pola súa fidelidade.<ref>http://www.turismoredondela.net/es_n_illasansimon.php</ref> |
||
En [[1589]] foi saqueada por piratas ingleses, entre os que se atopa o célebre [[Francis Drake]]. |
|||
===Século XVIII ata a Guerra civil española=== |
===Século XVIII ata a Guerra civil española=== |
||
Liña 26: | Liña 30: | ||
En 1719 o Almirante Michells penetra na illa, e posteriormente existe unha nova ameaza por parte das tropas francesas de Napoleón na Guerra da Independencia, e a illa é abandonada e rehabitada en numerosas ocasións. |
En 1719 o Almirante Michells penetra na illa, e posteriormente existe unha nova ameaza por parte das tropas francesas de Napoleón na Guerra da Independencia, e a illa é abandonada e rehabitada en numerosas ocasións. |
||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
Todo este contexto de invasións e saqueos por parte de piratas e almirantes extranxeiros provoca un estado de inestabilidade na illa e na comarca en xeral. Ademais, simultaneamente sucedía un conflito a nivel galego, as [[Irmandiños|Guerras Irmandiñas]]. O arquipélago de San Simón foi tamén testemuña destes conflitos, e o representante de [[Soutomaior]] [[Fernando Andrade]] resulta ferido de gravidade. |
Todo este contexto de invasións e saqueos por parte de piratas e almirantes extranxeiros provoca un estado de inestabilidade na illa e na comarca en xeral. Ademais, simultaneamente sucedía un conflito a nivel galego, as [[Irmandiños|Guerras Irmandiñas]]. O arquipélago de San Simón foi tamén testemuña destes conflitos, e o representante de [[Soutomaior]] [[Fernando Andrade]] resulta ferido de gravidade. |
Revisión como estaba o 26 de maio de 2010 ás 21:47
A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de San Antón por unha ponte. O conxunto de ambas illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.
Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.
Historia
Idade Media
A illa foi un antigo centro monástico cantado polo poeta Mendinho na Idade Media. Proba disto é o seu escrito, o único, por parte do autor que se coñece, e que se cre que era nativo da zona. Na súa honra realizouse un busto na illa, así como a Johan de Cangas e a Martín Codax.
- Sediam'eu na ermida de San Simón
- e cercaronm'as ondas, que grandes son,
- eu atendend'o meu amigo,
- eu atendendo'o meu amigo...
Entre os séculos XII e XIII estivo habitada polos templarios e despois polos franciscanos, a Orde dos Pascualinos de San Simón. Mais en 1370 esta orde relixosa sofre a excomulgación, véndose obrigada a abandonar a illa.
Despois de permanecer case un século abandonada, a diocese de Tui, que até o momento posuía o control político da illa, cédella a Isabel a Católica, nun acto de bondade e agradecemento pola súa fidelidade.[1]
En 1589 foi saqueada por piratas ingleses, entre os que se atopa o célebre Francis Drake.
Século XVIII ata a Guerra civil española
Foi escenario da batalla de Rande en 1702, cando navíos de Holanda e de Inglaterra unidos pola Guerra de Sucesión contra a coroa de Castela; trataron, de asaltar a Flota de Indias cargada coas mercadorías de case 3 anos[Cómpre referencia]. Os galeóns pertencentes á Coroa de Castela e escoltados por unha escadra francesa que proviñan de América, e que se saldou coa derrota das forzas franco-castelás. Unha gran parte do contido dos galeóns (que se cre que era ouro, prata, diamantes, especias coma o cacao e tamén madeiras nobres e tabaco) foron saqueados polos navíos ingleses da raíña de Inglaterra (Ana I de Estuardo), mais o intento de frustrar as expectativas de roubo, unha gran parte das riquezas dos barcos foron baleiradas ao mar, e unha gran porcentaxe do ouro e prata pertencente á coroa de Castela xa fora descargado en bois ata Madrid semanas antes do combate[Cómpre referencia]. Posteriormente, os integrantes das flotas anglosaxoas asaltaron as aldeas circundantes á Ría de Vigo, con especiais efectos devastadores en aldeas coma, Cangas, Redondela, Vigo, Soutomaior e Arcade; ás que queimaron e asolaron. A illa de San Simón tamén sufriu as consecuencias das tropas inglesas. A ermida de San Pedro quedou case totalmente derruída, ata a súa posterior restauración no século XIX. As elucubracón e testemuños elaborados sobre o paradeiro das riquezas dende o suceso son confusos, e numerosas inmersión realizadas en diferentes anos posteriores ao afundimento dos navíos revelaron a inexistencia de ouro e outros materiais preciosos nos arredores da illa.
En 1719 o Almirante Michells penetra na illa, e posteriormente existe unha nova ameaza por parte das tropas francesas de Napoleón na Guerra da Independencia, e a illa é abandonada e rehabitada en numerosas ocasións.
A continua ocupación por ordes monásticas debíase á súa boa situación xeográfica, xa que estaba illada, nun lugar tranquilo, e preto do monasterio de Poio, un dos máis importantes da época[2].
Todo este contexto de invasións e saqueos por parte de piratas e almirantes extranxeiros provoca un estado de inestabilidade na illa e na comarca en xeral. Ademais, simultaneamente sucedía un conflito a nivel galego, as Guerras Irmandiñas. O arquipélago de San Simón foi tamén testemuña destes conflitos, e o representante de Soutomaior Fernando Andrade resulta ferido de gravidade.
Dende mediados do século XVII a illa permaneceu abandonada. Posteriormente, por Real Ordenanza de 6 de xuño de 1830, e da man do comerciante roixano Velázquez Moreno, procedeuse ao habilitamento e acondicionamento da illa para convertela nunha leprosería ou lazareto. Na illa de San Antón estaban os enfermos sen cura, mentres que na de San Simón albergábase ó resto. Dadas as frecuentes corentenas ás que estaban sometidos os navíos da ruta americana, viña ser un elemento indispensable para todo porto que quixese entrar nas vías marítimas de percorrido longo, o cal foi un feito diferencial e vital para a expansión do porto de Vigo e o establecenmento das conserveiras catalás que trouxeron consigo novas técnicas de organización empresarial e de manufacturas. Así, as numerosas epidemias de cólera e lepra prodecentes do exterior eran fradas. A leprosería clausurouse en 1927, e construíuse tamén a ponte que a une á illa de San Antón, xa que ata entón a único medio de comunicación entre as dúas illas era o marítimo.
Guerra Civil
A partires de 1936, coa chegada da Guerra Civil Española os edificios da illa foron empregados como campo de concentración e de exterminio para os presos políticos contrarios ao réxime ditatorial e autoritario, na súa maioría provintes da zonas próximas coma Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía de Arousa[3], aínda que tamén eran frecuentes os presos de Asturias, León ou do País Vasco. Foi calificada polos franquistas como colonia penitenciaria, aínda que a realidade era a dun campo de exterminio onde os presos políticos comunistas, republicanos ou socialistas eran asasinados. Mantívose en funcionamento ata o ano 1943.
A antiga leprosería quedou relegada a albergar aos militares que vixiaban a illa, así coma o persoal complementario (administrativos, intendencia ou enfermería). Construíronse ademais torres de vixiancia, melloráronse os muros e os accesos. As condicións ás que estaban sometidos os presos eran inhumanas e crueis, as condicións sanitarias eran deficientes e o amoreamento de presos era considerable. Estaban distribuídos en diferentes pabillóns ao longo da illa, e a miúdo producíanse fusilamentos masivos. Crese que centos de persoas morreron a causa dos seus ideais, a mans dos falanxistas. A illa era considerada un dos centros penitenciarios franquistas máis temibles.
A illa de San Simón foi escenario do final do filme O lapis do carpinteiro, onde trasladaban a Da Barca, un preso político, á Illa, un dos cárceres dos que se dicía que era case imposible saír vivo.
Posguerra
Foi en 1943 cando o arquipélago deixou de funcionar coma cárcere, sufrindo un paulatino abandono, só interrompido nas épocas estivais polos membros da Garda de Franco, co nome de Colonia de Educación e Descanso, que pasaban alí as súas vacacións. O 22 de agosto de 1950 sucedeu un tráxico incidente. Uns cincuenta pasaxeiros da Guardia de Franco voltaban da illa cara terra nunha embarcación, "A Monchiña", cando debido ás malas condicións do tempo e as correntes habituais da zona, a embarcación afundiu. Case ningún dos pasaxeiros sabía nadar, e corenta e tres tripulantes perderon a vida no accidente. Na illa de San Norberto, na cara sur do arquipélago, construíuse un pequeno cruceiro na honra dos falecidos no accidente d'A Monchiña.
A illa foi clausurada debido á traxedia mais reabriuse para ser empregada como Fogar Méndez Núñez para a Formación de Orfos de Mariñeiros, que funcionou entre 1955 e 1963.
Actualidade
No ano 1999 as illas de San Simón e San Antón foron declaradas Ben de Interese Cultural e comezou a reconstruírse procurando alcanzar unha harmonía entre a natureza (rescatando os xardíns ou o centenario Paseo dos buxos) e a remodelación dos edificios xa existentes sen deteriorar a contorna.
Na actualidade, a Illa de San Simón foi remodelada e convertida pola man de César Portela[4] consonte a súa declaración como centro de recuperación da memoria histórica, rehabilitada coma un espazo protexido, cunha completa rexeneración dos xardíns e das especies arbóreas. Ademais foi tamén redirixida cara unha función cultural, xa que conta con auditorio, biblioteca, escola do mar, hotel, e restaurante. Entre as diferentes actividades culturais realizadas no lugar destaca a celebración de entrega dos Premios Xerais da lingua galega e do Premio Merlín.
No ano 2006 a Consellería de Cultura elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no Ano da Memoria.
Actualmente o arquipélago pode ser visitado de balde durante dúas horas en grupos de 300 ou 400 persoas que saen en catamarán dende o peirao de Cesantes.
Acceso
- Dende o Porto de Cesantes, en barco ou catamarán. Conta ademais cun acceso para discapacitados.
- Dende o Porto de Santo Adrián (Vilaboa).
Edificios e instalacións
Instalacións
- Residencia Stella Maris.
- Casa dos Oficios do Mar e Escola de Vela.
- Acuario.
- Museo e Biblioteca.
- Edificio Multiusos.
Monumentos
- Ponte entre a illa de San Simón e a illa de San Antón: en 1991 foi incluída no catálogo de monumentos da provincia de Pontevedra.
- Miradoiro da boca da ría.
- Miradoiro do fondo da ría.
- Capela de San Pedro.
- Cemiterio.
- Paseo dos buxos: Paseo de árbores milenarias formando arcos para dar un paseo.
- Monumento na honra de Jules Verne.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Illa de San Simón.
-
Capela de San Pedro na illa de San Simón
-
Central de abastacemento eléctrico da illa reconvertida en aseos
-
Homeaxe a Jules Verne
-
Vista de Cesantes dende a illa de Santo Antón
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA, tomo 27. Editor: Silverio Cañado; Santiago. ISBN 84-7286-215-1
- Amoedo López, Gonzalo e Gil Moure, Roberto (2007). Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-604-4.
- Caeiro, Antonio, González, Juan A. e de Saá, Clara Mª (1995). A memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-178-5.
- Fernández de la Cigoña, Estanislao (1991). Illas de Galicia. Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-582-7.
- Varios (1997). Estudio da Ensenada de San Simón. Pontevedra. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-89690-22-7.
- Varios (2002). Redondela. Enseada de San Simón / Val do Verdugo / Val do Oitavén. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3191-4.
Outros artigos
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Illa de San Simón |
Ligazóns externas
- A Illa de San Simón, en culturagalega.org.
- Illa de San Simón, ano da memoria.
- A Illa de San Simón como presidio.
- Illas de San Simón e San Antonio. A recuperación dun sitio histórico, vídeo.
Lugares da parroquia de Cesantes no concello de Redondela (Pontevedra) | |
---|---|
O Carballiño | O Coto | Outeiro das Penas | San Pedro | San Simón |