Gray's Anatomy: Diferenzas entre revisións
outros homónimos |
m bot Engadido: pt:Gray's Anatomy |
||
Liña 81: | Liña 81: | ||
[[no:Gray's Anatomy]] |
[[no:Gray's Anatomy]] |
||
[[pl:Gray's Anatomy]] |
[[pl:Gray's Anatomy]] |
||
[[pt:Gray's Anatomy]] |
|||
[[ru:Анатомия Грея (учебник)]] |
[[ru:Анатомия Грея (учебник)]] |
||
[[sh:Gray's Anatomy]] |
[[sh:Gray's Anatomy]] |
Revisión como estaba o 26 de maio de 2010 ás 12:55
Henry Gray's Anatomy of the Human Body (Henry Gray: Anatomía do corpo humano), popularmente coñecida por Gray's Anatomy, é unha obra de anatomía xeralmente recoñecida como un clásico sobre anatomía humana. O libro foi primeiramente publicado co título Gray's Anatomy: Descriptive and Surgical, na Gran Bretaña, no ano de 1858. No ano seguinte foi publicado nos Estados Unidos de América. O autor do libro morreu a seguir á publicación da segunda edición do libro, en 1860, con 34 anos de idade. No entanto, a sua obra foi continuada por outros e a 24 de novembro de 2004 foi publicada a sua 39ª edición.
Orixes de "Gray's Anatomy"
O anatomista inglés Henry Gray naceu en 1825 ou en 1827. El estudou o desenvolvemento das glándulas endócrinas e da vexiga e en 1853 foi nomeado como profesor de anatomía no St. George's Hospital Medical School en Londres. En 1855 el coñeceu o seu colega Dr. Henry Vandyke Carter coa sua idea de producir un libro de anatomía para estudantes de medicina. Morreu moi novo, en 1861, soamente tres anos após a descrición da sua "Anatomy Descriptive and Surgical", o cal xeracións de estudantes de medicina renomearon como simplemente "Gray's Anatomy".
Edicións británicas e norteamericanas
Entre 1860 e 1880 sete edicilóns do libro foron publicadas na Gran Bretaña, publicándose a novena edición en 1880. Foi durante este período que o desenvolvemento do libro aparentemente estimulado pola primeira edición dedicada aos Estados Unidos, posibelmente en 1878 (os detalles sobre este feito son escasos e difíciles de encontrar). En canto o desenvolvemento da edición británica do texto continuou (e novas edicións británicas seguiron publicándose), diferentes edicións tamén se publicaron nos Estados Unidos.
A edição dos Estados Unidos de 1878 parece ter comezado unha numeración de edición do cero (a pesar da versión británica ter sido publicada primeiro). Esta "primeira" edición americana correspondía aproximadamente á oitava edición británica, con edicións posteriores con numeración consecutiva. Iso levou á existencia de, por moitos anos, de duas edicións diferentes de Gray's Anatomy: a estadounidense e a británica. Este feito frecuentemente causa desentendementos e confusións, especialmente cando se fan citacións ou cando se tenta adquirir unha certa edición.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anatomía de Gray |