Figura estilística: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m prosopopeia -> Prosopopea
Liña 100: Liña 100:


</pre>
</pre>

{{Link FA|fr}}


[[ar:تشبيه]]
[[ar:تشبيه]]

Revisión como estaba o 26 de maio de 2010 ás 04:32

Unha figura estilística, figura da linguaxe ou figura retórica é unha estratexia literaria que os escritores poden aplicar no texto para conseguir un efecto determinado no lector. Son formas de expresión máis localizadas en comporación coas funcións da linguaxe, que son características globais do texto. Pódense relacionar con aspectos fonolóxicos, morfosintácticos ou semánticos.

Figuras do compoñente métrico fonolóxico

  1. Aliteración: Combinación repetida de certos sons iguais ou afíns ó longo dun verso, estrofa ou poema.
  2. Apóstrofe: Nunca leva signos de interrogación. Invocación ou chamada a un ser ausente ou presente, real ou imaxinario, mesmo personificado.
  3. Exclamación retórica: Sempre entre signos de exclamación. O poeta trata de expresar sentimentos subxectivos conectados directamente coas súas máis íntimas sensacións.
  4. Fonosimbolismo: Evocación de sensacións non auditivas por medio da expresividade dos sons, Pode ser visual, táctil, cinético ou auditivo
  5. Interrogación retórica: Entre signos de interrogación. Consiste na formulación dunha pregunta que non precisa ningunha resposta.
  6. Onomatopea: Aliteración que trata de reproducir ou suxerir sons da realidade.
  7. Paronomasia: Reunión de voces de pronuncia semellante con significados distintos
  8. Similicadencia: Úsanse palabras con son semellantes no mesmo accidente gramatical (verbos con mesmos sufixos).

Figuras do compoñente morfosintáctico

Por omisión

  1. Reticencia: Figura que consiste en deixar unha idea sen acabar a nivel gráfico porque se sobreentende. Vai indicada por puntos suspensivos: Ofreceume os seus labios e...
  2. Braquiloxía: Supresión de elementos da frase que non están no contexto
  3. Zeugma: Figura estilística que consiste na omisión dun termo nun enunciado estando este presente nos seguintes
  4. Asíndeto: Figura retórica que consiste en omiti-las conxuncións para dar viveza ou enerxía ó concepto.
  5. Parataxe: É a relación de coordinación entre dúas frases (que están nunha relación de subordinación implícita) dentro dun enunciado
  6. Elipse: Elisión de elementos gramaticais.

Por acumulación

  1. Amplificación: Figura retórica consistente no desenvolvemento dun motivo cun máximo de palabras para alonga-lo texto.Pode valerse de calquera fenómeno producido por acumulación ou recorrencia.
  2. Paráfrase: Figura retórica consistente en repetir ou traducir un discurso oral ou escrito con liberdade, sen se axustar ó orixinal.
  3. Paréntese: Inclusión no medio dun discurso oral ou escrito de asuntos secundarios que supoñen unha pausa ou ralentización no percorrido principal.
  4. Expolitio: Achega un mesmo motivo con múltiplas perspectivas.
  5. Interpretación: Consiste en repeti-lo mesmo con outras palabras.
  6. Digresión: Inclusión no medio dun discurso oral ou escrito de asuntos máis ou menos improcedentes que supoñen unha saída fóra de tema.
  7. Perífrase: Exprésase por medio dun rodeo de palabras o que podería ser dito máis brevemente.
  8. Pleonasmo: Engadir palabras innecesarias pero arriquecedoras pola seu valor expresivo.
  9. Circunlución: Expresión por medio dun rodeo de palabras de algo que pode designarse máis directamente
  10. Enumeración: Acumulación ordenada ou caótica de palabras sucesivas
  11. Paradiástole: Acumulación opositiva de expresións con significados próximos
  12. Epíteto: Adxectivo que repite un ou varios semas do significado da palabra á que se refire.

Por alteración da concordancia

  1. Silepse: Ruptura da concordancia gramatical mantendo o sentido semántico
  2. Hipálaxe: Aplicación dun complemento oracional a unha parte que non lle corresponde
  3. Anacoluto: Ruptura da concordancia gramatical producindo un efecto ilóxico

Por orden

  1. Enálaxe: Figura gramatical mediante a que se realiza o cambio funcional dunha parte de discurso por outra.
  2. Hipóstase: Emprego dunha palabra desenvolvemdo unha función sintáctica que non lle compete.
  3. Hipérbato: Alteración da orde lóxica ou normal da frase.
  4. Histetoloxía: Hipérbato que anticipa o que loxicamente debería estar posposto.
  5. Tmese: Hipérbato que intercala un elemento entre dous compoñentes dunha palabra, habitualmente composta.
  6. Catáfora: Presentación anticipativa do que vai vir despois.
  7. Retruécano:Dici-las mesmas palabras con orde inversa e significado contrario.
  8. Calembur: Figura que xorde cando ó agrupar doutro modo as sílabas das palabras estas cambian de significación.

Por concorrencia

  1. Anadiplose: A última palabra dun verso é a primeira do verso seguinte.
  2. Epanalepse: Repetición dunha ou máis palabras en contacto.
  3. Epanadiplose: A primeira palabra dun verso é a última dese verso ou do verso seguinte.
  4. Concatenación: Continuación progresiva da anadiplose.
  5. Anáfora: Repetición dunha ou varias palabras ó inicio do verso.
  6. Epífora: Repetición dunha palabra ou grupo de palabras ó final dun verso, dunha estrofa ou dun período.
  7. Epínome: Repetición dunha expresión ou dun verso ó longo do texto.
  8. Complexión: Anáfora e epífora simultáneas.
  9. Paralelismo: Estruturación dunha composición en varios conxuntos seguindo o mesmo esquema.
  10. Polipote: Consiste en empregar palabras da mesma raíz potenciando o seu valor semántico.
  11. Homeoptoto ou Similicadencia: Repetición dunha raíz con diferentes sufixos.
  12. Polisíndeto: Repetición de conxuncións. Moi frecuente na lírica popular

Figuras do compoñente semántico

  1. Metáfora: Tropo que designa un obxecto mediante outro co que ten unha relación de semellanza
  2. Símil ou Comparación: Consta dun plano real A e un plano evocado B, unidos por un nexo comparativo (como,...)
  3. Alegoría: Metáfora continuada
  4. Metonimia ou Sinécdoque: Noméase o todo por unha parte, unha parte por outra, unha parte polo todo,...
  5. Antonomasia: Consiste en substituír un nome común por un nome propio (tamén pode ser común), o cal posúe algunha relación co inicial nome común.
  6. Prosopopea: Atribúese calidades humanas a algo que potencialmente carece delas
  7. Lítote: É a atenuación do que se quere expresar. Atenuación que se logra mediante un rodeo de palabras, normalmente precedidas do adverbio de negación non
  8. Sarcasmo: Ironía cruel ou mordaz.
  9. Oxímoron: Unión de conceptos incompatibles
  10. Paradoxo: Unión de ideas aparentemente opostas ou irreconciliables.
  11. Silepse ou Diloxía: Palabra usada en dous sentidos simultaneamente.
  12. Hipérbole: Esaxeración desmesurada.
  13. Sinestesia: É un tropo que consiste en mesturar sentimentos con sensacións visuais, olfativas, gustativas,...
  14. Antífrase: Atribucións a un elemento de características contrarias ás súas
  15. Antítese: Oposición de elementos contrarios.
  16. Oxímoron: Unión de conceptos incompatibles
  17. Ironía: Consiste en expresar unha idea con palabras que indican aproximadamente o contrario do que e quere dicir.
  18. Símbolo: Consiste en substituír un substantivo que se refire a un elemento ou sentimento por outro substantivo con que aparentemente non ten relación. O elemento, polo que se substitúe trata de representar unha realidade espiritual.

Véxase tamén


Modelo:Link FA