Gallaecia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de Castelojm (conversa); cambiado á última versión feita por Centaurinho
Liña 34: Liña 34:
Ao primeiro, Augusto inclúe o territorio da actual [[Galicia]] na [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], pero xa no [[-13|13]] a.C. pasa á [[Hispania Citerior]]. O mesmo Augusto, reforma a división provincial de [[Hispania]] no [[-27|27 a.C]], asignando a Gallaecia á provincia [[Tarraconense]]. Con [[Caracalla]] quizais formou parte, xa con [[Asturias]] e [[Cantabria]], da [[Hispania Nova Citerior Antoniana]] ([[214]]), pero non foi ata a reforma administrativa e militar de [[Diocleciano]] —quen dividiu [[Hispania]] no [[298]] d.C. en sete provincias— que se constitúa a provincia da Gallaecia.
Ao primeiro, Augusto inclúe o territorio da actual [[Galicia]] na [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], pero xa no [[-13|13]] a.C. pasa á [[Hispania Citerior]]. O mesmo Augusto, reforma a división provincial de [[Hispania]] no [[-27|27 a.C]], asignando a Gallaecia á provincia [[Tarraconense]]. Con [[Caracalla]] quizais formou parte, xa con [[Asturias]] e [[Cantabria]], da [[Hispania Nova Citerior Antoniana]] ([[214]]), pero non foi ata a reforma administrativa e militar de [[Diocleciano]] —quen dividiu [[Hispania]] no [[298]] d.C. en sete provincias— que se constitúa a provincia da Gallaecia.


[[Ficheiro:Hispania 3a division provincial.PNG|thumb|left|200px|Límites da Gallaecia trala división de [[Diocleciano]] no ano [[298 d.c.]].]]
[[Ficheiro:Hispania 3a division provincial.PNG|thumb|left|200px|Límites da Gallaecia trala división de [[Diocleciano]] no [[298]].]]
[[Ficheiro:Modio de Ponte Puñide (M.A.N. 1930-16-1) 01.jpg|thumb|right|[[Modio de Ponte Puñide]] [[século IV|s.IV]]]]
[[Ficheiro:Modio de Ponte Puñide (M.A.N. 1930-16-1) 01.jpg|thumb|right|[[Modio de Ponte Puñide]] [[século IV|s.IV]]]]
O sistema básico no organigrama político son as ''civitates'': entidades baseadas na organización prerromana, posiblemente cunha orixe étnica común, con amplas semellanzas e pode ser que cunha lingua común. Estas entidades integraban certo número de ''[[castella]]'', dos que existen diversas interpretacións sobre a súa función social e política.
O sistema básico no organigrama político son as ''civitates'': entidades baseadas na organización prerromana, posiblemente cunha orixe étnica común, con amplas semellanzas e pode ser que cunha lingua común. Estas entidades integraban certo número de ''[[castella]]'', dos que existen diversas interpretacións sobre a súa función social e política.

Revisión como estaba o 25 de maio de 2010 ás 17:03

Historia de Galicia

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia
Cronoloxía de Galicia

A Gallaecia foi unha provincia romana do noroeste da Península Ibérica que abranguía o que hoxe é a comunidade autónoma de Galicia, o norte de Portugal e as provincias españolas de Asturias, León e Zamora. A súa capital estaba en Bracara Augusta (Braga)[Cómpre referencia].

Orixe

Os romanos déronlle o nome de Gallaecia ao noroeste da Península Ibérica polos callaeci, que constituían unha amálgama de pobos máis ou menos celtizados que vivían entre o Douro e o Miño, que os romanos coñecen por vez primeira coa chegada de Décimo Xunio Bruto ao norte do Douro no 137 a.C. Décimo Xunio Bruto, quen recibiu o sobrenome de Galaicus, continuou a súa expedición cara o norte, sometendo ós pobos castrexos, ata chegar ó río Limia, considerado o Lethes ou río do esquecemento. Alí vence a superstición e continúa ata o río Miño onde se detivo. Como resultado deste primeiro acercamento o territorio costeiro entre o Douro e o Miño quedou explorado e sometido, mal que ben, a control romano. A partir de entón a sociedade indíxena galaica comeza a recibir influxos romanos, realizando xa intercambios comerciais directamente con Roma.

Os galaicos fan a súa entrada na historia escrita no século I d.C na épica Púnica de Silio Itálico sobre a Primeira Guerra Púnica dun xeito que aínda hoxe nos é familiar, dous mil anos despois:

Fibrarum et pennae diuinarumque sagacem /

flammarum misit dives Callaecia pubem, / barbara nunc patriis ululantem carmina linguis, / nunc pedis alterno percussa verbere terra, /

ad numerum resonas gaudentem plaudere caetras
Libro III. 344-347
"A rica Gallaecia envía a súa mocidade, coñecedora da adiviñación polas entrañas das bestas, polo voo das aves e polas chamas divinas, a cal ou ben berraba bárbaros cánticos nas súas linguas patrias ou ben, tras golpearen a terra con golpes alternos de pé, se aledaba en bater ritmicamente os sonoros escudos".

Historia

Campañas romanas no noroeste peninsular      D.J. Brutus no ano 137 a.C.      Cesar no 61 a.C.      Campaña do ano 26 a. C.      Campaña do ano 25 a. C.

Os Callaeci ("kallaikoi" en grego) enfróntanse ás forzas romanas no 137 a.C. nunha batalla no río Douro, que resulta unha derrota para eles e Décimo Xunio Bruto volta vencedor, e recibe do Senado o título de Callaecus. Décimo Xunio Bruto non pretendeu ocupar a zona sur da Galiza para conseguir riquezas, senón que levou a cabo unha expedición de castigo contra este pobo, que se dedicaba a realizar incursións bélicas e de saqueo na área lusitana.

Partiu do Portus Cale, que se corresponde co actual Porto. As súas lexións avanzaron pola costa co apoio da frota e ocuparon unha serie de castros costeiros. Estableceu unha guarnición no lugar da actual Valença e despois internouse cara a Braga. Após dunha batalla vitoriosa avanzou cara o Limia e ocupou a cidade de Lansbricae, para cruzar posteriormente o rio Miño.

Estas campañas non tiveron unha grande importancia e limitáronse a unha zona xeográfica moi concreta: o sur da Gallaecia, con especial incidencia na zona costeira.

O mesmo xuízo histórico merecen unha serie de expedicións posteriores coma as do procónsul da Ulterior, Publio Craso, do 9694 a.C., que realizou unha expedición na pescuda das illas Casitérides e as súas minas de estaño, abrindo as rutas de comercio deste mineral. No 62 a.C. é o propio Xulio César quen visita Gallaecia movido polo seu desexo de obter riquezas, chegando ata o golfo Ártabro e abandonando esta terra por Brigantium.

Pero a conquista definitiva do noroeste da península non se realizará ata o emperador Augusto entre o 26 e o 19 a.C. no contexto das guerras cántabras.

Ao primeiro, Augusto inclúe o territorio da actual Galicia na Lusitania, pero xa no 13 a.C. pasa á Hispania Citerior. O mesmo Augusto, reforma a división provincial de Hispania no 27 a.C, asignando a Gallaecia á provincia Tarraconense. Con Caracalla quizais formou parte, xa con Asturias e Cantabria, da Hispania Nova Citerior Antoniana (214), pero non foi ata a reforma administrativa e militar de Diocleciano —quen dividiu Hispania no 298 d.C. en sete provincias— que se constitúa a provincia da Gallaecia.

Límites da Gallaecia trala división de Diocleciano no 298.
Modio de Ponte Puñide s.IV

O sistema básico no organigrama político son as civitates: entidades baseadas na organización prerromana, posiblemente cunha orixe étnica común, con amplas semellanzas e pode ser que cunha lingua común. Estas entidades integraban certo número de castella, dos que existen diversas interpretacións sobre a súa función social e política.

Durante a época Flavia prodúcense unha serie de decisións que tiveron un profundo calado político. A concesión do Ius Latii trouxo consigo un profundo cambio tanto no ámbito urbano, co incremento da poboación nos núcleos urbanos xa existentes e a creación de novos, como no rural. Isto traería consigo un aumento xeneralizado da riqueza da poboación, que na práctica na Gallaecia non se ten constatado a través dos achados arqueolóxicos. O retraso económico sería maior no convento Lucense ca no Bracarense se comparamos estes territorios cos máis desenvolvidos da Península Ibérica e agravouse máis cos Antoninos[Cómpre referencia].

Deste xeito, hoxe en día, non se pode falar para Gallaecia da existencia dunha economía baseada no uso cotián da moeda. Gallaecia viviu fundamentalmente sobre a base dunha economía natural baseada no troco, ata mediados do século III e, máis claramente, ata o século IV.

Extensión xeográfica

A nova provincia de Diocleciano

Mapa que amosa situación aproximada dos conventos xurídicos da Gallaecia tras a reorganización administrativa do emperador Diocleciano.

Entre os anos 284 e 305,o emperador Diocleciano acometeu a reorganización administra do Imperio. Na Península Ibérica créanse dúas novas provincias (Gallaecia e Cartaxinense) a partir das xa existentes; Baetica, Tarraconensis e Lusitania. Así, a nova provincia baixo o nome de Gallaecia ocupou o extremo nor-occidental da Península Ibérica que anteriormente pertencera á Tarraconsis, estivo formada polos territorios da rexión de Asturia e da propia Gallaecia.

A administración interna da provincia estaba marca polos conventos xurídicos (Conventus iuridicus) amplos territorios adscritos a unha capital, da que recibían o nome e onde se centralizaban as funcións administrativas propias como as militares, fiscais, financeiras, relixiosas e xudiciais. Deste xeito, a provincia romana de Gallaecia, atopábase dividida en tres conventos xurídicos, o Conventus lucensis con capital na cidade de Lucus (Lugo), o Conventus bracarensis con capital na cidade de Bracara (Braga) e o Conventus asturicensis con capital na cidade de Asturica (Astorga). Cabe destacar que entre todas estas capitais de convento (Lugo, Braga, Astorga) era a cidade de Bracara (Braga) a que exercía de capital provincial de toda a Gallaecia. Organización administrativa da Gallaecia a comezos do século IV:

Séculos IV e V d.C

Extensión da provincia romana de Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século IV dentro do Imperio Romano de Occidente.

A finais do século V e comezos do século VI, a provincia de Gallaecia, integrada esta no Imperio Romano de Occidente, estendíase por todo o Noroeste da Península Ibérica, desde as costas cantábricas no norte, ata o río Douro e o Sistema Central polo sur, grazas á incorporación na Gallaecia do Conventus cluniensis, que con anterioridade pertencera á provincia Tarraconensis, e tiña capital na cidade de Clunia. Bracara (Braga) seguiu a exercer a capitalidade provincial de toda a Gallaecia ata a chegada dos suevos, momento no que se convirte en corte do reino nacente.

Así, polas descricións de numerosos autores da época como Paulo Orosio, Hidacio ou Santo Isidoro coñécense algunhas das rexións humanas e xeográficas que posuía a provincia romana da Gallaecia:

Demografía

Grazas á arqueoloxía e aos datos censuais romanos, coñécense a densidade de poboación así como un número aproximado de habitantes -galaicos e ástures que terían vivido na Gallaecia. Así, segundo Plinio, os galaicos, repartidos entre bracarenses e lucenses sumaban un total de 451.000 habitantes, de xeito que os bracarenses contaban con 285.000 homes e mulleres, mentres que os lucenses roldaban os 166.000, amosando o dato unha densidade demográfica moito maior entre os bracarenses, corroborado pola existencia de grandes castros case exclusivos do seu territorio. Por outra parte, o censo de Plinio achega a cifra de 240.000 individuos para os ástures, sensiblemente menor que os galaicos bracarenses e que supón unha densidade demográfica moi baixa en relación co territorio ocupado.

Notas


Véxase tamén

Bibliografía

  • Balboa Salgado, Antonio (1996). Gallaecia nas fontes clásicas. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-512-0. 
  • García Fernández-Albalat, Blanca (1990). Guerra y religión en la Gallaecia y la Lusitania antiguas. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-475-8.  (en castelán)
  • Tranoy, A. (1981). La Galice Romaine. Recherches sur le nord-ouest de la péninsule ibérique dans l’Antiquité. Paris, Diffusion de Boccard. ISBN. 
  • Caamaño Gesto, José Manuel (2008). A Galicia Romana. Volume 1: A Conquista Romana. Ocupación do territorio e cultura material. 

Outros artigos

Ligazóns externas