José María Fernández Colmeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
m Sen referencias
Liña 1: Liña 1:
{{SenReferencias}}

'''José María Fernández Colmeiro''', nado en [[Silleda]] en [[1894]] e finado en [[París]] en [[1959]], foi un médico [[Galicia|galego]].
'''José María Fernández Colmeiro''', nado en [[Silleda]] en [[1894]] e finado en [[París]] en [[1959]], foi un médico [[Galicia|galego]].



Revisión como estaba o 25 de maio de 2010 ás 14:16

José María Fernández Colmeiro, nado en Silleda en 1894 e finado en París en 1959, foi un médico galego.

Traxectoria

Nace en Silleda o 21 de setembro de 1894. Aos 18 anos emigra a Uruguai, onde desempeña diversos traballos, rematando de farmacéutico. En 1928 gradúase en Medicina na Universidade de Montevideo. Nos anos 30 é representante da Liga contra o Fascismo, o Nacionalsocialismo e as persecucións raciais.

En 1935 noméano agregado cultural da embaixada do Uruguai en Madrid. Traballa co xinecólogo Manuel Varela Radío. En xullo de 1936 enrólase como médico no exercito da República. Pasa a Xibraltar. Colabora na fuxida de republicanos desde Marrocos. Envía unha serie de artigos para o xornal El País de Montevideo baixo o título xeral de “Guerra pola independencia de España” que serán moi difundidos en toda Latinoamérica. Desde 1938 traballa na Fundación Curie de París, que chegaría a dirixir.

Foi tamén director do Instituto de Canceroloxía. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de París e co título de Científico estranxeiro insigne. Morre en 1959 cando dirixía o Servizo de Roetxeoterapia da Fundación Curie.