Salchicha: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eo, fa, ga, ru, vec Eliminado: pl Modificado: it
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nn:Pølse
Liña 44: Liña 44:
[[ms:Sosej]]
[[ms:Sosej]]
[[nl:Worst]]
[[nl:Worst]]
[[nn:Pølse]]
[[no:Pølse]]
[[no:Pølse]]
[[nrm:Saûciche]]
[[nrm:Saûciche]]

Revisión como estaba o 21 de maio de 2010 ás 14:56

Salchichas cociñadas

A salchicha é un preparado cárnico de orixe alemá a base de carne picada, xeneralmente de porco e algunhas veces vacún, que ten forma alargada e cilíndrica.

Para a súa elaboración adóitase aproveitar as partes do animal que, aínda que sexan comestibles e a menudo nutritivas, non teñen un aspecto particularmente apetitoso, como a graxa, as vísceras e o sangue. Esta carne é introducida nunha envoltura, que tradicionalmente é o intestino do animal, aínda que actualmente se utiliza coláxeno, celulosa ou incluso plástico, especialmente na produción industrial.

Os perritos calientes (tradución literal do inglés hotdog) son unha especie de sándwiches de salchicha feitos cun pan alongado da mesma lonxitude que a salchicha e ós que se engaden a miúdo ketchup e mostaza. Se se come unha salchicha xunto cun tipo especial de pan colle o nome de pancho.

Tipos de salchichas

Existen no mundo numerosos tipos de salchichas, segundo o tipo de carne empregada, así como os demais ingredientes (como especias). Na cociña alemá existen diversas categorías de salchichas:

  • Bratwurst, elaborada con carne de porco e de vaca destinada para asar.
  • Brühwurst, salchicha escaldada que a maioría das veces se come cocida.
  • Weisswurst
  • Frankfurter Würstchen, máis coñecida como frankfurt, sen máis.

Curiosidades

  • Dáse a denominación de can salchicha a unha raza canina que ten como principal característica un corpo alongado similar en forma á dunha salchicha, e que xeralmente son fracos, finos e pequenos.
  • Algunhas cociñas ou gastronomías do mundo teñen salchicas que non conteñen carne como é o caso da Erbswurst (salchicha de chícharos) na cociña alemá e a farinheira (salchicha de fariña) na cociña portuguesa.

Ligazóns externas