Lingua oficial: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: az:Dövlət dili
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 106: Liña 106:
[[ta:ஆட்சி மொழி]]
[[ta:ஆட்சி மொழி]]
[[tg:Забони давлатӣ]]
[[tg:Забони давлатӣ]]
[[th:ภาษาราชการ]]
[[th:ภาษาทางการ]]
[[tl:Opisyal na wika]]
[[tl:Opisyal na wika]]
[[tr:Resmî dil]]
[[tr:Resmî dil]]

Revisión como estaba o 21 de maio de 2010 ás 08:41

Unha lingua oficial é a lingua consagrada na constitución ou no ordenamento xurídico dun país, estado ou outro territorio como a lingua adoptada oficialmente nese país, estado ou territorio. Con todo moitos países que non teñen recoñecida lingua oficial si contan con linguas oficiais de feito, é o caso dos Estados Unidos que pese a non contar con lingua oficial ten o inglés como lingua habitual da administración, da xustiza ou da educación. Noutros países as linguas oficiais do estado e dos territorios poden diferir, é o caso de Bélxica que ten como linguas oficiais o alemán, francés e holandés para as institucións estatais pero non todas son oficiais en cada un dos territorios nos que se divide Bélxica, ou o caso de Finlandia no que o finés e sueco son oficiais para as institucións estatais pero logo cada concello segundo o número de falantes ten dúas ou unha soa lingua oficial, constituíndo o arquipélago das Aland un caso especial con só o sueco como lingua oficial.

Só cerca de metade dos países do mundo teñen linguas oficiais. Algúns teñen só unha lingua oficial, caso de Portugal, do Brasil e dos PALOPs, outros teñen máis dunha, casos de Timor-Leste, país no que son oficiais o portugués e o tetum, ou, fora do espazo lusófono, de países como a Bélxica, Suíza, África do Sur ou Paraguai, entre outros.

Algúns países atribuen aínda estatuto de lingua oficial a certas linguas en partes do seu territorio. Esas linguas son linguas co-oficiais nesas áreas, coexistindo alí coa(s) lingua(s) oficial(is) do país. É o caso, en España, do galego (na Galiza), do éuscaro (en Euskadi e en Navarra) e do catalán (na Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana), é o caso do portugués e do inglés na República Popular da China, co-oficiais, respectivamente, en Macau e Hong Kong, e é o caso do mirandés en Portugal, co-oficial na Terra de Miranda.

Tamén moitas organizacións supraestatais contan con lingua ou linguas oficiais como é o caso da ONU ou a Unión Europea.