Armenia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: ang:Armenia
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Modificado: xal:Хемшудин Орн
Liña 275: Liña 275:
[[wo:Armeeni]]
[[wo:Armeeni]]
[[wuu:亚美尼亚]]
[[wuu:亚美尼亚]]
[[xal:Хемшудн Орн Нутг]]
[[xal:Хемшудин Орн]]
[[yi:ארמעניע]]
[[yi:ארמעניע]]
[[yo:Arméníà]]
[[yo:Arméníà]]

Revisión como estaba o 19 de maio de 2010 ás 09:52

Modelo:Infobox País

Armenia é un país localizado no Cáucaso, resultante da desagregación da Unión Soviética. Limita ao norte con Xeorxia, ao leste co Acerbaixán, ao sur con Irán e co enclave acerbaixaní de Nakhicheván, e a oeste con Turquía. Capital: Iereván.

Historia

Artigo principal: Historia de Armenia.

Armenia foi un imperio rexional cunha cultura rica nos anos que antecederon o século I. No 301, Armenia foi o primeiro estado en adoptar formalmente o cristianismo como relixión oficial de estado, doce anos antes de Roma. Oscilou entre diversas dinastías, mais despois dunha sucesión de ocupacións (parta (iraní), romana, árabe, mongol e persa), a Armenia enfraqueceu substancialmente. No 1454, o Imperio Otomano e a Persia Safavida dividiron a Armenia entre si.

Independencia

No 1813 e 1828, a Armenia actual (que consta dos Khanatos de Ereván e de Karabakh) foi temporariamente incorporada ao Imperio Ruso. O mesmo voltou a suceder coa incorporación da Armenia na URSS no 1920, na condición de RSS da Armenia, despois de existir brevemente como estado independente.

Xenocidio armenio

Durante os anos finais do Imperio Otomano (1915-1923), unha gran proporción dos armenios que vivían na Anatolia oriental (chamada polos armenios "Armenia Occidental") morreron no coñecido como xenocidio armenio, un esforzo de deportación e erradicación foi levado a cabo polos otomanos co patrocinio do estado turco. As estimacións do número de armenios que foron asasinados durante eses acontecimentos varían entre 200.000 e 1.800.000. A morte desas persoas lémbrana os armenios en todo o mundo o 24 de abril.

Guerra por Nagorno-Karabakh

Armenia continúa envolvida nun longo conflito co Acerbaixán a propósito do Nagorno-Karabakh, un enclave poboado por armenios que incluiu Stalin no Azerbaixán soviético. Armenia e o Acerbaixán comezaron a loitar polo enclave en 1998 e a guerra estalou despois de obteren os dous países a independencia da Unión Soviética en 1991. En maio de 1994, cando se acordou un alto o fogo, as forzas armenias controlaban non só o Nagorno-Karabakh senón tamén un anaco do propio Acerbaixán. As economías de ambos os dous lados víronse afectadas pola súa incapacidade en facer calquer tipo de progreso substancial cara á resolución pacífica do conflito, e mais por bloqueos económicos mutuos.

Política

Xeografía

O terreo é principalmente montañoso, con ríos de fortes correntes e poucos bosques. As montañas do Cáucaso atravesan o país do leste ao oeste. O clima é continental de altura: veráns quentes e invernos fríos. O punto máis alto é o Monte Ararat, con 4095 m de altura sobre do nivel do mar.

Economía

Artigo principal: Economía de Armenia.

Subdivisión administrativa

Armenia subdivídese en 11 provincias (marzer, singular - marz):

Provincias de Armenia
Provincias de Armenia
  1. Aragadzotn (Արագածոտնի մարզ)
  2. Ararat (Արարատի մարզ)
  3. Armavir (Արմավիրի մարզ)
  4. Gelarquniq (Գեղարքունիքի մարզ)
  5. Kotaiq (Կոտայքի մարզ)
  6. Lori (Լոռու մարզ)
  7. Shirak (Շիրակի մարզ)
  8. Syunik (Սյունիքի մարզ)
  9. Tavush (Տավուշի մարզ)
  10. Vaiots Tzor (Վայոց Ձորի մարզ)
  11. Erevan (Երևան)

Mapas e imaxes

Commons ten fotos sobre Armenia

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA