Castela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Uhanu (conversa | contribucións)
Mapa de acordo ao texto da imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Castile-whole.png|thumb|300px|Territorio considerado como castelán pola maioría dos seus habitantes.]]'''Castela''' (en [[lingua castelá|castelán]]: ''Castilla'') é o nome dunha rexión histórica [[España|española]] que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.
[[Ficheiro:Castilian people.svg|thumb|300px|Territorio considerado como castelán pola maioría dos seus habitantes.]]'''Castela''' (en [[lingua castelá|castelán]]: ''Castilla'') é o nome dunha rexión histórica [[España|española]] que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.


A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da [[Reconquista]] na cabeceira do [[Ebro]], ante o pulo de [[cántabros]] e [[vascóns]]. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o [[Reino de Castela]] foi nun primeiro momento un [[Condado de Castela|condado]] dependente do [[Reino de León]], que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da [[Coroa de Castela]].
A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da [[Reconquista]] na cabeceira do [[Ebro]], ante o pulo de [[cántabros]] e [[vascóns]]. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o [[Reino de Castela]] foi nun primeiro momento un [[Condado de Castela|condado]] dependente do [[Reino de León]], que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da [[Coroa de Castela]].

Revisión como estaba o 16 de maio de 2010 ás 15:07

Ficheiro:Castilian people.svg
Territorio considerado como castelán pola maioría dos seus habitantes.

Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.

A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.

Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).

Xeografía

Administrativamente Castela non ten recoñecemento oficial, o territorio da rexión de Castela posuía as seguintes provincias:

Hai un certo movemento en varias provincias, popular e político, que di que non forman parte de Castela as tres provincias do antigo reino de León: León, Salamanca e máis Zamora (as dúas últimas, segundo o momento histórico), incluso certas veces partes de Valladolid e Palencia, que na actualidade si forman parte de Castela e León. Tamén se di que a provincia de Albacete non é Castela, pois historicamente foi parte da Rexión de Murcia. Desde certos movementos políticos e culturais incluso se reclaman as comarcas de Requena e Utiel, actualmente na Comunidade Valenciana, pois historicamente foron parte da provincia de Cuenca.

  • Poboación: 9.521.132 habitantes (2003).
  • Superficie: 150.281 km².
  • Densidade de poboación: 63,4 hab/km².
  • Cidades importantes: Madrid, Valladolid, Burgos.

Historia

Castela xurdiu como condado vasalo do reino de León. Debe o seu nome á gran cantidade de castelos na zona. No século IX independizouse de León, aínda que os dous reinos se reunificaron definitivamente no século XIII.

Durante a Idade Media, o Reino de Castela foi espallándose cara ao sur, conquistando territorio aos árabes. Dende o tempo dos Reis Católicos dividíase en dúas rexións: Castela a Vella, que correspondía á metade norte e tiña a capital en Valladolid ou Burgos, e máis Castela a Nova, no sur do Sistema Central e con capital en Madrid.

Na época moderna Castela converteuse en nación hexemónica cultural e dominadora económica da Península Ibérica. Despois da Guerra de Sucesión Española confirmouse o castelán coma lingua oficial en toda España e creouse un modelo de estado xacobino baseado no modelo castelán.

Ao creárense as autonomías, Castela a Vella perdeu as dúas provincias de fóra da Meseta, A Rioxa (esta terra pertencía, na Idade Media, a Navarra e foi invadida polos casteláns) e máis Cantabria, e engadiuse a rexión de León, formando Castela e León. Castela a Nova dividiuse na Comunidade de Madrid, que abranguía soamente a provincia de Madrid, e máis Castela-A Mancha, que gañou a provincia de Albacete, que ata entón formaba parte da Rexión de Murcia.

Na actualidade existen algúns partidos nacionalistas casteláns minoritarios, coma Tierra Comunera (TC) ou Izquierda Castellana (Iz-Ca), que defenden a unión de todas as comunidades autónomas castelás. Ningún destes partidos ten actualmente representación en ningún dos parlamentos autonómicos.