Grafton Elliot Smith: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
anatomista australiano
 
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m interwiki : sv
Liña 4: Liña 4:
Smith foi especialista na evolución do cerebro, e moitas das súas ideas da evolución do cerebro do primate aínda son válidas. <br>
Smith foi especialista na evolución do cerebro, e moitas das súas ideas da evolución do cerebro do primate aínda son válidas. <br>
Smith crçia que todos os fenómenos megalíticos tiñan a súa orixe en [[Exipto]], e cría que de aí se difundira directamente por [[Siria]], [[Creta]], [[África Oriental]], sur de [[Arabia]] e [[Sumeria]], chegando a outras áreas indirectamente, e a cultura [[Neolítico|neolítica]]

europea tamén derivaría de Exipto. Esa teoría denominouna o arqueólogo [[Glyn Daniel]] como hiperdifusionismo, cunha intención pexorativa.
europea tamén derivaría de Exipto. Esa teoría denominouna o arqueólogo [[Glyn Daniel]] como hiperdifusionismo, cunha intención pexorativa.

[[en:Grafton Elliot Smith]]
[[en:Grafton Elliot Smith]]
[[sv:Grafton Elliot Smith]]

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2006 ás 16:22

Grafton Elliot Smith (Grafton, Nova Gales do Sur 1871 - Londres 1937) foi un anatomista australiano, coñecido pola súa teoría hiperdifusionista da prehistoria.
Doutorouse en medicina en 1895 pola Universidade de Sidney e interesouse pola anatomía do cerebro humano. Viaxou a Cambridge en 1896 e catalogou a colección de cerebros humanos do British Museum. Entre 1900 e 1909 foi o primeiro catedrático de anatomía da escola de Medicina de Cairo e investigou os cerebros das momias exipcias, foi o primeiro investigador en aplicar raios x a unha momia.
En 1907 converteuse en conselleiro arqueolóxico dunha expedición a Nubia. En 1909 de volta ao Reino Unido foi profesor de anatomía en Manchester, e de 1919 a 1937 foi catedrático de anatomía no colexio universitario de Londres. Durante a Primeira Guerra Mundial serviu en hospitais militares.
Smith foi especialista na evolución do cerebro, e moitas das súas ideas da evolución do cerebro do primate aínda son válidas.
Smith crçia que todos os fenómenos megalíticos tiñan a súa orixe en Exipto, e cría que de aí se difundira directamente por Siria, Creta, África Oriental, sur de Arabia e Sumeria, chegando a outras áreas indirectamente, e a cultura neolítica europea tamén derivaría de Exipto. Esa teoría denominouna o arqueólogo Glyn Daniel como hiperdifusionismo, cunha intención pexorativa.