Sinestesia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Literatura en progreso}}

A '''sinestesia''' é un [[tropo]] que consiste en mesturar sentimentos con sensacións visuais, olfativas, gustativas.
A '''sinestesia''' é un [[tropo]] que consiste en mesturar sentimentos con sensacións visuais, olfativas, gustativas.



Revisión como estaba o 14 de maio de 2010 ás 10:48

A sinestesia é un tropo que consiste en mesturar sentimentos con sensacións visuais, olfativas, gustativas.

Exemplos

Dous exemplos tirados da literatura galega poderían ser as frases: "Primaveras amargas" ou ben "áxiles cadros", da pluma de Manuel Antonio, na súa obra de poesía de vangarda titulada De catro a catro.

Na obra Ás de bolboreta (2009) de Rosa Aneiros, podemos atopar un parágrafo construído sobre a figura da sinestesia aplicada para a descrición da voz de Ana, unha das personaxes:

Roberto [...] turraba con intensidade bisemanal na teima de escoitar a voz de Ana [...]. Tan só polo pracer de oír a súa voz de veludo vermello cerimonia e tacto de herba fresca de onda o río. Solemne e orgullosa como un fío de auga que escorrega lentamente polos sucos de po dunha fiestra entreaberta. [1]

Notas

  1. Rosa Aneiros (2009). Ás de bolboreta. p. 80. 

Véxase tamén

Outros artigos