Armiño: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: an:Mustela erminea |
m bot Engadido: fa:قاقم |
||
Liña 55: | Liña 55: | ||
[[et:Kärp]] |
[[et:Kärp]] |
||
[[eu:Erbinude zuri]] |
[[eu:Erbinude zuri]] |
||
[[fa:قاقم]] |
|||
[[fi:Kärppä]] |
[[fi:Kärppä]] |
||
[[fr:Hermine]] |
[[fr:Hermine]] |
Revisión como estaba o 13 de maio de 2010 ás 00:13
Armiño | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Mustela erminea (Carl von Linné, 1758) | |||||||||||||||||||||||||
Distribución do armiño
|
O armiño ou doniña branca (Mustela erminea) é unha especie de mustélido moi espallado por Europa. É un dos carnívoros máis pequenos do mundo; viven nos bosques e nas estepas; atópase xeralmente en campo aberto. Adoita establecer o seu fogar baixo unha morea de pedras ou nunha madrigueira coidadosamente agochada no corazón dunha matogueira espiñenta. Parece ser que os setos son o seu lugar favorito. O armiño aliméntase principalmente de roedores, que axexa ata dentro das seus tobos.
Maia ser un dos carnívoros máis pequenos do mundo, é tamén un dos máis sanguinarios. O armiño ten o corpo alongado e extraordinariamente flexible. No verán, a súa pelaxe tórnase parda no lombo e branca ou branca amarlenta en todo el ou soamente en parte. Mais sempre conserva o extremo da súa longa cola de cor negra, o que é en toda época un bo trazo para a súa identificación. O seu peso varía entre os 100 e os 300 gramos.
Nunca se puido afirmar que o armiño sexa nocturno, ou pola contra diurno, xa que é imposible observalo en todo momento do día ou da noite. Pasa o día en varias fases de actividade entrecurtada por periodos de sono máis ou menos prolongados. O armiño é terrestre e non rube, aínda que está dotado dunha grande axilidade. Nas chairas e nas rexións meridionais, conserva a súa pelaxe marrón co bandullo branco durante todo o ano. Na montaña e nas rexións máis frías muda de cor logo da súa muda de outono, tornándose enteiramente branco. Soamente o pincel de pelos que adorna o remate da súa cola permanece sempre negro.
Antigamente cazábase ao armiño pola súa suave pel, dunha gran calidade, e da que se confeccionaban abrigos. Actualmente, existe a tendencia de reemprazar a pel do armiño pola de visón americano, igualmente fermoso mais non tan custoso.
(Vexáse o mapa de distribución do Armiño en Galicia embaixo)
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Armiño |