Corrente continua: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ur:راست رو
Liña 58: Liña 58:
[[tr:Doğru akım]]
[[tr:Doğru akım]]
[[uk:Постійний струм]]
[[uk:Постійний струм]]
[[ur:راست رو]]
[[vi:Điện một chiều]]
[[vi:Điện một chiều]]
[[wo:Dawaan bu wéy]]
[[wo:Dawaan bu wéy]]

Revisión como estaba o 12 de maio de 2010 ás 00:23

Tipos de corrente continua

Corrente continua (CC ou, en inglés, DC - direct current), é o fluxo de carga eléctrica con dirección constante. Este tipo de corrente é xerado por baterías de automóbeis (6, 12 ou 24V), pequenas baterías (xeralmente 9V), pillas (1,2V e 1,5V), dínamos, células solares e fontes de alimentación de varias tecnoloxías, que rectifican a corrente alternada para producir corrente continua. Normalmente é utilizada para alimentar aparellos electrónicos (entre 1,2V e 24V) e os circuítos dixitais de equipamento de informática (computadores, modems, hubs, etc.).

como se ve na imaxe, a corrente continua non ten necesariamente valor constante, este pode variar moito, pero circulando sempre na mesma dirección.

História

As primeiras experiencias de electrodinámica foron feitas con corrente continua, entre eleas a pila de Volta. As primeiras liñas de transmisión tamén usaban CC, utilizada principalmente para iluminación e baseada en tecnoloxía desenvolvida por Edison e o seu laboratorio. Posteriormente pasouse a usar corrente alternada debido ás dificuldades de conversión (elevación ou diminución) da tensión en CC, o que provocaba grandes quedas de tensión nas liñas de transmisión. No entanto co desenvolvemento da tecnoloxía (inversores), voltouse a usar CC nalgunhas liñas de transmisión de alta potencia, principalmente se son submarinas.


Ver tamén