Groninga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fj:Groningen
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Modificado: af:Groningen, stad
Liña 52: Liña 52:
[[Categoría:Provincia de Groninga]]
[[Categoría:Provincia de Groninga]]


[[af:Groningen (stad in Nederland)]]
[[af:Groningen, stad]]
[[az:Xroninqen (şəhər)]]
[[az:Xroninqen (şəhər)]]
[[bg:Гронинген]]
[[bg:Гронинген]]

Revisión como estaba o 11 de maio de 2010 ás 17:16

Modelo:Cidade dos Países Baixos

Para a provincia homónima, véxase Provincia de Groninga.
A Martinitoren e a Martinikerk vistas desde o Grote Markt

Groningen é unha cidade de 181.113 habitantes, nos Países Baixos setentrionais, capital da provincia homónima.

Pola súa universidade e pola súa vida cultural, Groninga está considerada como a cidade máis importante do norte dos Países Baixos. Chamada polos provinciais a Stad (cidade) e Groot Loug (grande aldea), os seus habitantes son denominados correntemente Stadjers, é dicer "os cidadáns", por contraste coa rexión circundante que é sobre todo un país agrícola.

Historia

Groningen foi fundada arredor do ano 1000. Foi un dos primeiros membros da Liga hanseática: no 1251 obtivo un monopolio sobre o comercio de graos na rexión, o que asegurou a súa prosperidade durante os séculos seguintes.

En 1614 foi inaugurada a universidade, con sona nomeadamente polo seus estudos de teoloxía. Na actualidade aínda a universidade ten gran importancia na vida cidadá de Groninga, na que hai uns 40.000 estudantes.

Economía

Desde un punto de vista industrial, Groningen é importante polos cercanos xacementos de gas natural (talvez os maiores en Europa), sitos na veciña localidade de Slochteren. É coñecida tamén polas súas industrias alimentarias, en particular as de refinamento de azucre de remolacha.

Municipio

Groninga é un dos 483 municipios de Holanda. O seu concello ou gemeente comprende varias localidades de importancia como: Dorkwerd, Engelbert, Hoogkerk, Leegkerk, Middelbert, Noorddijk, Noorderhoogebrug, Oosterhogebrug, Roodehaan, Ruischerbrug e Vierverlaten.

Lugares de interese

Entre outros salientan:

  • Igrexa de San Martiño (Martinikerk), do século XV, cunha torre de 94 m (Martinitoren); a ábsida está decorada con frescos do século XVI;
  • Casa do Concello (Stadhuis), edificación neoclásica de 1810;
  • Het Goudkantoor, edificio clasicista do século XVII;
  • Prinsenhof, antigo pazo arcebispal desde 1559;

Paseando por rúas e prazas poden verse, e ás veces visitarse, algunhas casas antigas e outras obras dignas de mérito (como un xardín do XVII).

Museos

  • Museo de Groningen (Groninger Museum), con variadas coleccións, desde porcelanas chinesas a obras pictóricas desde o século XVI á actualidade;
  • Museo Naval do Norte (Noordelijk Scheepvaartmuseum);
  • Museo do Tabaco (Tabaksmuseum), todo tipo de obxectos en relación co tabaco