Nervio hipogloso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: az:Dilaltı sinir
Liña 27: Liña 27:


[[ar:عصب تحت اللسان]]
[[ar:عصب تحت اللسان]]
[[az:Dilaltı sinir]]
[[de:Nervus hypoglossus]]
[[de:Nervus hypoglossus]]
[[en:Hypoglossal nerve]]
[[en:Hypoglossal nerve]]

Revisión como estaba o 11 de maio de 2010 ás 15:10

Nervio hipogloso, plexo cervical e as súas ramas.

O nervio hipogloso, nervio hipogloso maior ou XII par cranial é un nervio craniano que se encarga especialmente de coordinar os movementos da lingua. Sae do cranio, do óso occipital, a través do burato condíleo anterior. Sae acompañado dos nervios do grupo do vago (IX, X e XI pares craniais). Despois sepárase deles e diríxese cara o borde lateral da lingua. Inervará a maior parte da musculatura extrínseca da lingua (o palatogloso non, que é inervado polo nervio accesorio) e parte dos músculos hoideos.

O seu núcleo atópase do bulbo raquídeo, no surco preolivar, que separa a oliva da pirámide. A este núcleo denomínaselle núcleo do hipogloso. É un nervio motor puro.

Ten 7 ramos colaterais:

  • Ramo menínxeo ou recurrente.
  • Ramos vasculares.
  • Ramo anstomóstico para o ganglio plexiforme do neumogástrico ou X par.
  • Nervio do músculo tirohioideo.
  • Nervio dos músculos hiogloso e estilogloso.
  • Ramo anastomótico para o nervio lingual.
  • Nervio do xenihioideo.