Manuel Igrexas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Licenciado en [[Filosofía]] pola Universidade Literaria de [[Valencia]], actualmente imparte clases no IES Laxeiro de [[Lalín]]. Ten feito publicacións sobre a historia local en xornais e libros coma ''Os emigrantes e a transformación social na [[comarca de Deza]]''.
Licenciado en [[Filosofía]] pola Universidade Literaria de [[Valencia]], actualmente imparte clases no [[IES Laxeiro]] de [[Lalín]]. Ten feito publicacións sobre a historia local en xornais e libros coma ''Os emigrantes e a transformación social na [[comarca de Deza]]''.


===Congresos===
===Congresos===

Revisión como estaba o 10 de maio de 2010 ás 10:28

Manuel Igrexas Rodríguez, nado en Lalín o 21 de decembro de 1961, é un historiador e escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Filosofía pola Universidade Literaria de Valencia, actualmente imparte clases no IES Laxeiro de Lalín. Ten feito publicacións sobre a historia local en xornais e libros coma Os emigrantes e a transformación social na comarca de Deza.

Congresos

Ten participado con comunicacións nos Congresos:

Outras actividades e publicacións

É autor (con Mario Pereira) dunha edición crítica do libro de contos O Naranxo de Ramón de Valenzuela.

Escribiu unha biografía do mestre Xesús Golmar (Xesús Golmar, Ed. Fervenza, 2005).

Pertenceu á directiva das Redes Escarlata. É socio fundador e vicepresidente da Asociación Cultural O Naranxo, así como membro da Comisión pola Memoria Histórica Siñor Afranio.

Política

Nas últimas eleccións autonómicas galegas presentouse candidato na cuarta posición da FPG por Pontevedra.