Templo romano: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: ja:古代ローマの神殿 |
m bot Engadido: sh:Rimski hram |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
[[nl:Romeinse tempel]] |
[[nl:Romeinse tempel]] |
||
[[pt:Templo romano]] |
[[pt:Templo romano]] |
||
[[sh:Rimski hram]] |
|||
[[th:เทวสถานโรมัน]] |
[[th:เทวสถานโรมัน]] |
Revisión como estaba o 9 de maio de 2010 ás 10:18
O templo romano, era o lugar de culto da Antiga Roma. Na súa orixe resultou da combinación entre o tipo de cella etrusco-itálico e o pórtico de columnas do templo grego, con planta rectangular e lixeiras diferenzas no que Vitrubio chamou orde toscana, case cadrado sobre zócalo accesible por unha escaleira anterior (podium). No entanto, os esquemas varían moito e adoptan singularidades, sobre todo en Oriente. Os de planta rectangular son os normais; así, o de Templo de César no foro de Roma, edificado onde se incinerou o seu corpo, tiña un podium recuberto de placas de pedra, cuxa parte dianteira avanzaba cara ao foro e formaba unha tribuna (rastra Julia), en cuxo centro un semicírculo deixaba lugar para o altar, e aos lados estaban os espolones das naves capturadas en Accio; por dúas escaleiras subíase ao templo hexástilo e próstilo; outro exemplo, moi ben conservado, é a Maison carrée en Nimes, hexástilo e pseudo-períptero corintio, construído por Augusto en honra dos seus fillos adoptivos Agripa, Caio e Lucio.
A planta circular aplicouse aos templos de Vesta, en memoria da cabana romana; segundo Vitrubio, podía ter ou non cella interior, sendo o primeiro un tholos con pórtico, como o de Tívoli, de tempos de Sila, ou o do foro romano. Notable tamén o templete de Baalbek, precedido dun pronaos tetrástilo, e sobre todo o Panteón de Agripa, fundado por Augusto e refeito por Adriano, cuberto por unha enorme bóveda e precedido por un pronaos octóstilo. Unha planta especial é a dos capitolios, adicados á Tríada Capitolina, con tres cellas contiguas e paralelas en sentido lonxitudinal, situándose a Xúpiter no centro, á dereita Xuno e á esquerda Minerva; os sacrificios ofrecíanse na porta da capela de quen se quería honrar; outros capitolios acháronse en Timgad (Alxeria), Pompeia, Sbeitla (Tunisia), e outros lugares ata onde se espallou o Imperio.
Hai outras plantas resultantes da introdución de cultos orientais cuns ritos determinados; así os de Cibeles, Isis e Sarapis. No Mediterráneo foron numerosos os templos dedicados a Mitra, primeiramente en criptas e logo en cámaras rectangulares con fiestras e instalacións para o sacrificio do touro e as lustraciones, cun altar no que se representaba invariablemente a morte do touro polo deus. No norte de África hai moitos exemplos de templos de forma particular, como o de Juno Celestis (Tanit) en Dugga (Tunisia), disposto nun patio semicircular.
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Templo romano |