BIOS: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: et:Baasvahetussüsteem
m bot Engadido: ckb:بایۆس
Liña 23: Liña 23:
[[bs:Basic Input/Output System]]
[[bs:Basic Input/Output System]]
[[ca:BIOS]]
[[ca:BIOS]]
[[ckb:بایۆس]]
[[cs:BIOS]]
[[cs:BIOS]]
[[da:BIOS]]
[[da:BIOS]]

Revisión como estaba o 8 de maio de 2010 ás 18:27

BIOS é o acrónimo de Basic Input/Output System (Sistema Básico de Entrada e Saída, en inglés). É un firmware (programa gravado nun chip) que se encarga de xestionar o acendido dun ordenador mediante a comunicación co hardware e, como mínimo, o teclado e o monitor. As BIOS son específicas de cada placa nai e escríbense en linguaxe ensambladora, que é nativa ao CPU.

Ao acender o computador execútase unha rutina de arranque que está gravada nunha memoria (antigamente en memoria ROM, actualmente en EEPROM ou incluso en memoria flash) e que se coñece como BIOS. A BIOS realiza, entre outras, as seguintes operacións:

  • Comproba se hai tarxeta gráfica
  • Comproba se se trata dun acendido simple ou se é un reinicio. (Neste último caso omite as comprobacións seguintes:)
  • Mostra información na pantalla sobre o sistema
  • Localiza os controladores (drivers) para dispositivos especiais
  • Usa unha lista de dispositivos para decidir en que orde busca o que ten o sistema operativo.
  • Carrega o sistema operativo na memoria e pásalle o control. A partir deste momento, o sistema operativo faise responsábel da comunicación cos dispositivos e co usuario e de xestionar a memoria e a interacción entre os programas.

Curiosamente, BIOS é un substantivo feminino en galego, ainda que a palabra sistema sexa masculina.

Ver tamén