Froila I: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
poño as 2 imaxes á dereita, penso que queda mellor
aumento px
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:StatueFruelaISamos3106711239 730d39d4b1.jpg|thumb|dereita|280 px|Escultura de Froila I no [[Mosteiro de San Xulián de Samos|mosteiro de Samos]].]][[Ficheiro:720-iberian_peninsule.png|thumb|right|280px|Mapa político do noroeste da peninsula ibérica tras a substitución da España visigoda, pola musulmá. Galicia aparece gobernada por numerosos señores territoriais cristiáns que tentan impoñer a súa autoridade sobre os demais<ref>Barbosa Álvarez, José Manuel,2008, p58</ref>.]]
[[Ficheiro:StatueFruelaISamos3106711239 730d39d4b1.jpg|thumb|dereita|295 px|Escultura de Froila I no [[Mosteiro de San Xulián de Samos|mosteiro de Samos]].]][[Ficheiro:720-iberian_peninsule.png|thumb|right|295px|Mapa político do noroeste da peninsula ibérica tras a substitución da España visigoda, pola musulmá. Galicia aparece gobernada por numerosos señores territoriais cristiáns que tentan impoñer a súa autoridade sobre os demais<ref>Barbosa Álvarez, José Manuel,2008, p58</ref>.]]

'''Froila I de Asturias''' ([[722]] — [[Cangas de Onís]], [[768]]), fillo de [[Afonso I]] sucedeuno á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da [[Cordilleira Cantábrica]]<ref>Xosé Antonio López Teixeira, ''Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)'', p65</ref> durante o seu reinado ([[757]]-[[768]])<ref>Tucho Fernández Cal,Anselmo López Carreira, 2003, p64</ref>. Coma no caso do su pai, o denominativo ''"de Asturias"'' é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX<ref>Anselmo López Carreira, ''O reino medieval de Galicia'',2005, pp124-125</ref> denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuirlle<ref>Anselmo López Carreira, ''O reino medieval de Galicia'',2005, p235</ref>. Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de [[reis de Galicia]] por boa parte dos historiadores galegos actuais<ref>Tucho Fernández Cal,Anselmo López Carreira, 2003, p64</ref>, concedéndolle o nome de '''Froila I'''<ref>Xosé Antonio López Teixeira, ''Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)'', pp63-66</ref>.

Revisión como estaba o 6 de maio de 2010 ás 09:49

Escultura de Froila I no mosteiro de Samos.
Mapa político do noroeste da peninsula ibérica tras a substitución da España visigoda, pola musulmá. Galicia aparece gobernada por numerosos señores territoriais cristiáns que tentan impoñer a súa autoridade sobre os demais[1].

Froila I de Asturias (722Cangas de Onís, 768), fillo de Afonso I sucedeuno á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica[2] durante o seu reinado (757-768)[3]. Coma no caso do su pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX[4] denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuirlle[5]. Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais[6], concedéndolle o nome de Froila I[7].

Reinado

Ao comezo do seu reinado enfrentouse a un exército enviado por Abderramán I, emir de Córdoba, nun lugar chamado Pontumio. Nesta batalla tomou prisioneiro a Ahumar, fillo de Abderramán, que foi degolado.

Tivo que reprimir duramente unha rebelión dos vascóns de Álava contra a súa autoridade. Tomou algúns reféns, entre eles a unha nobre chamada Munia, que sería a súa esposa. Pouco despois, según contan as dúas versións da Crónica afonsina, tivo que reprimir outra rebelión dos nobres galegos no ano 766[8], aos que venceu.

Reformou o clero do seu reino, prohibindo o casamento aos clérigos e incluso obrigando a deixar a esposa aos casados, o que lle gañou a inimizade de grande parte deste estamento.

Froila fundou diversos mosteiros da Orde de San Bieito, entre eles o de San Vicente de Oviedo, que foi a orixe da cidade de Oviedo; onde está enterrado xunta á súa esposa. O Cartulario de San Millán da Cogolla recolle a constitución, outorgada por Froila o 24 de abril de 759, dun convento feminino de 28 monxas co seu presbítero en San Miguel de Pedroso (Burgos), na fronteira este do reino, onde un forte núcleo visigodo-cristiano resistiu a invasión árabe ao amparo dos Montes de Aiago e a Serra da Demanda.

Vendo que o seu irmán Vimarano gañaba as simpatías da aristocracia, matouno el mesmo persoalmente, acusándoo de encabezar unha conspiración para destronalo[9]. Isto concitoulle a inimizade da nobreza, que confabulou para asasinalo na corte de Cangas de Onís. Unha vez asasinado Froila, resultou elixido coma sucesor ao trono o seu curmán Aurelio[10], fillo de Froila Pérez[11].

Os fillos de Froila foron Ximena e Afonso (coñecido posteriormente como Afonso II). A súa nai Munia, temendo polas dúas vidas, enviounos ao Mosteiro de Samos (Lugo)[12], fundado polo seu marido.

Reino de Asturias

Segue a:
Afonso I o Católico
Froila I
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Astur-Leonesa

Notas

  1. Barbosa Álvarez, José Manuel,2008, p58
  2. Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), p65
  3. Tucho Fernández Cal,Anselmo López Carreira, 2003, p64
  4. Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia,2005, pp124-125
  5. Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia,2005, p235
  6. Tucho Fernández Cal,Anselmo López Carreira, 2003, p64
  7. Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), pp63-66
  8. Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), p64
  9. Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, 2003, p64
  10. Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), p65
  11. Nogueira, Camilo. 2001, p146
  12. Nogueira, Camilo. 2001, p145

Bibliografía

  • Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  • Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  • Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
  • Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
  • Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN: 978-84-936218-1-0.

Véxase tamén