Lúcia dos Santos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
m Oporto -> Porto
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pl:Lúcia Santos
Liña 44: Liña 44:
[[lb:Lúcia de Jesus dos Santos]]
[[lb:Lúcia de Jesus dos Santos]]
[[nl:Lucia dos Santos]]
[[nl:Lucia dos Santos]]
[[pl:Lucia dos Santos]]
[[pl:Lúcia Santos]]
[[pt:Lúcia de Jesus dos Santos]]
[[pt:Lúcia de Jesus dos Santos]]
[[ru:Лусия душ Сантуш]]
[[ru:Лусия душ Сантуш]]

Revisión como estaba o 6 de maio de 2010 ás 07:35

Lucía dos Santos, nacida en Aljustrel o 28 de marzo de 1907, e falecida en Coimbra o 13 de febreiro de 2005, coñecida como Sor Lucía, foi unha relixiosa católica.

Sor Lucía, de nome relixioso Irmã Lúcia do Coração Imaculado, naceu en Aljustrel, unha pequena poboación preto de Fátima. Foi unha das tres videntes (xunto cos seus curmáns Francisco e Jacinta Marto) dos sucesos de Fátima do 13 de maio de 1917. Dixeron ver á Virxe María na chamada Cova da Iria, onde hoxe se ergue o importante santuario mariano. Morreu en Coimbra e recibiu sepultura no camposanto do Convento Carmelita de Santa Teresa de Coimbra, onde pasara enclaustrada os seus últimos 46 anos, se ben o 19 de febreiro de 2006, seguindo a súa vontade, os seus restos foron trasladados á igrexa do complexo mariano de Fátima, para descansar alí xunto ós dos seus curmáns.

Biografía

A infancia e o milagre

Xornal informando dos Milagres de Fátima

Nacida no seo dunha familia moi humilde, desde moi pequena tivo encargada a función do pastoreo de ovellas, o que adoitaba facer acompaña da por outros nenos e, habitualmente, polos seus curmáns Francisco e Jacinta.

O 13 de maio de 1917 dixeron ver á Virxe na chamada Cova da Iria, e nos días posteriores, ata o 13 de outubro, reuníronse no lugar miles de persoas para ser testemuñas de ditas aparicións. Estas aparicións estiveran precedidas, segundo se conta, da aparición de un anxo durante 1916 na cova "Loca de Cabeco". No transcurso de ditos actos afírmase que a Virxe María revelou tres mensaxes, coñecidas como os tres misterios de Fátima.

Lucía foi a única dos tres nenos que asegurou escoitar as mensaxes da Virxe, que lle recomendou rezar o rosario, e depositou nela os tres misterios mencionados.

Ingreso no convento

En 1921, con 14 anos, ingresou no colexio das Irmás Doroteas en Vilar, preto de Porto, e en 1928 trasladouse ó convento da mesma orde en Tui. En 1925 aparecéraselle a Virxe en Pontevedra na residencia das Doroteas, na Capela da Aparición situada na rúa de nome Sor Lucía.
En 1946 volveu a Portugal e en 1948 decidiu ingresar no Convento Carmelita de Santa Teresa de Coimbra en réxime de clausura.
Adoptou os votos temporais o 3 de outubro de 1928, en 1934 os perpetuos, e o 31 de maio de 1949 os solemnes.

No Convento de Coímbra morrería en 2005, con 98 anos, sendo moi contadas as súas saídas ó exterior. Durante a súa estancia no convento afirmou ver aparicións da Virxe e mesmo de Xesús, onde recibiu a Promesa dos Primeiros Sábados, a Visión da Trindade, e a petición da consagración de Rusia.

A súa obra

Unha das contadas veces en que saíu do convento foi para entrevistarse co Papa Xoán Paulo II e comunicarlle o terceiro misterio, que consistía no xa pasado atentado contra esta personalidade relixiosa.

Sor Lucía escribiu dúas obras: Memórias e os Apelos da Mensagem de Fátima.

Véxase tamén

Ligazóns externas