Alepo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: war:Aleppo
m bot Engadido: pnb:حلب
Liña 51: Liña 51:
[[no:Aleppo]]
[[no:Aleppo]]
[[pl:Aleppo]]
[[pl:Aleppo]]
[[pnb:حلب]]
[[pt:Alepo]]
[[pt:Alepo]]
[[ro:Alep]]
[[ro:Alep]]

Revisión como estaba o 2 de maio de 2010 ás 16:02

Cidadela de Alepo

Alepo (en árabe حلب ) é unha cidade de Siria, capital da provincia de Alepo. A cidade ten unha poboación de arredor de 1.700.000 (1999), converténdoa na segunda cidade de Siria, despois de Damasco. Situada nun lugar estratéxico entre o Éufrates e o Mar Mediterráneo. Coñecida na antigüídade como Khalpe, os gregos déronlle o nome de Beroea, e os árabes o de Ḥalab Importante centro comercial, gran mezquita (séculos XI-XII)

Historia

Debido á moderna cidade ocupar o antigo sitio, en Alepo fixéronse poucas excavacións arqueolóxicas. O lugar leva sendo habitado dende o 1800 a.C., tal como rexistran documentos hititas. Medrou como capital do reino de Yamkhad ata que foi controlado polos hititas arredor do 1600 a.C., permanecendo baixo poder hitita ata o 800 a.C. no que pasou a mans dos asirios e posteriormente ao Imperio Persa, antes de ser capturada polos gregos no ano 333 a.C., cando Seleucos Nicator mudou o nome da cidade para Beroea.

No ano 54 a.C. pasou a mans de Roma, posteriormente a cidade pasou a formar parte do Imperio Bizantino ata o 637 en que pasou aos árabes, aínda que do novo no século X Bizancio recuperou a cidade brevemente entre o ano 974 e o 987.

A cidade foi dúas veces asediada polos Cruzados en 1098 e en 1124 pero non foi conquistada. A cidade permaneceu no Imperio Otomano ata o seu colapso. A cidade recuperou a súa actividade económica durante a ocupación francesa ata a cesión de Antioquía a Turquía en 1938-1939

Modelo:Link FA