Sancho IV de Castela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Traxectoria: arranxo pé de foto
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Liña 27: Liña 27:
Malia ser fillo de Afonso X, era analfabeto.
Malia ser fillo de Afonso X, era analfabeto.



{{sucesión | título = [[Lista de monarcas de Castela|Rei de Castela e de León]] | período = 1284-1295 | predecesor = [[Afonso X o Sabio|Afonso X]] | sucesor = [[Fernando IV de León e Castela|Fernando IV]] }}
{{start box}}
{{s-reg}}
{{s-bef|rows=8|before=[[Afonso X o Sabio|Afonso X]]}}
{{s-ttl|title=[[reino de Castela|Rei de Castela]]|years=1284–1295}}
{{s-aft|rows=8|after=[[Fernando IV de León e Castela|Fernando IV]]}}
{{s-ttl|title=[[reino de Toledo|Rei de Toledo]]|years=1284–1295}}
|-
{{s-ttl|title=[[reino de Galiza|Rei de Galiza]]|years=1284–1295}}
|-
{{s-ttl|title=[[reino de León|Rei de León]]|years=1284–1295}}
|-
{{s-ttl|title=[[reino de Córdoba|Rei de Córdoba]]|years=1284–1295}}
|-
{{s-ttl|title=[[reino de Murcia|Rei de Murcia]]|years=1284–1295}}
|-
{{s-ttl|title=[[reino de Xaén|Rei de Xaén]]|years=1284–1295}}
|-
{{s-ttl|title=[[reino de Sevilla|Rei de Sevilla]]|years=1284–1295}}
|-
{{end box}}





Revisión como estaba o 30 de abril de 2010 ás 15:39

Estatua de Sancho IV nos xardíns do Retiro de Madrid.

Sancho IV de Borgoña, o Bravo, nado en Valladolid o 12 de maio de 1258 e falecido en Toledo o 25 de abril de 1295, foi rei de Castela e de León. Era o segundo fillo de Afonso X o Sabio e Violante de Aragón, filla de Xaime I o Conquistador.

Traxectoria

Sancho IV casou con dona María de Molina en 1282, e tiveron seis fillos:

O primoxénito de Afonso X, don Fernando de la Cerda, non chegou a reinar ó falecer antes có seu pai. O rei Sabio deixou escrito no seu testamento que o reino debía pasar ó seu neto primoxénito, o infante don Alfonso de la Cerda e ó mesmo tempo desherdaba ó seu segundo fillo, Sancho.

Porén, Sancho proclamouse rei sen respetar a vontade do seu pai, e foi coroado en Toledo en 1284. Foi recoñecido pola maioría dos pobos e dos nobres, pero ó mesmo tempo houbo un grupo bastante numeroso de partidarios dos Infantes de la Cerda, que reclamaban o acatamento do testamento. Durante todo o reinado deste monarca houbo loitas internas e pelexas por alcanzar o poder. Un dos personaxes que máis discordias provocou foi o infante don Xoán (irmán de Afonso X), e á súa causa uniuse o nobre Lope Díaz III de Haro, octavo señor de Biscaia. O rei Sancho fixo executar ó de Haro e mandou encarcerar ó seu tío, o infante don Xoán. Tamén, segundo as crónicas, deu a orde de executar 4.000 seguidores dos infantes de la Cerda, pasándoos a coitelo, en Badaxoz, a 400 en Talavera e a outros moitos en Ávila e Toledo.

Arco de Tarifa cunha placa en recordo dos que loitaron no conflito de Tarifa

Despois destes acontecementos perdooulle ó seu tío don Xoán, quen ó pouco tempo se volveu sublevar, ocasionando o conflito de Tarifa. Don Xoán chamou na súa axuda os benimerines de Marrocos e sitiaron a praza que estaba defendida polo seu gobernador Guzmán el Bueno, señor de León. Alí ocorreu o famoso acto heroico e a morte inocente do fillo de Guzmán. A praza de Tarifa foi fielmente defendida e os benimerines regresaron ó seu lugar de orixe. Desbaratáronse deste modo os plans do infante don Xoán e os do sultán de Marrocos, que pretendía unha invasión.

Ó subir ó trono de Aragón Xaime II houbo un achegamento con Sancho IV, e os dous reis, unidos, deron un nuevo impulso á Reconquista.

O rei Sancho IV foi un gran amigo, ademais de titor, do personaxe histórico coñecido como o Infante don Juan Manuel.

Sancho morreu en 1295, deixando como herdeiro o seu fillo Fernando, de nove anos. Deixou tamén en herdanza as desputas e rivalidades cos infantes de la Cerda e os seus partidarios.

Malia ser fillo de Afonso X, era analfabeto.


Títulos Reais
Precedido por
Afonso X


Rei de Castela
1284–1295
Sucedido  por
Fernando IV
Rei de Toledo
1284–1295
Rei de Galiza
1284–1295
Rei de León
1284–1295
Rei de Córdoba
1284–1295
Rei de Murcia
1284–1295
Rei de Xaén
1284–1295
Rei de Sevilla
1284–1295