Unidade astronómica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxos
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: oc:Unitat astronomica
Liña 78: Liña 78:
[[nn:Astronomisk eining]]
[[nn:Astronomisk eining]]
[[no:Astronomisk enhet]]
[[no:Astronomisk enhet]]
[[oc:Unitat astronomica]]
[[pl:Jednostka astronomiczna]]
[[pl:Jednostka astronomiczna]]
[[pms:Unità Astronòmica]]
[[pms:Unità Astronòmica]]

Revisión como estaba o 29 de abril de 2010 ás 16:31

A unidade astronómica (UA) é unha unidade de distancia aproximadamente igual á distancia media (xa que as órbitas son elípticas) entre a Terra e mailo Sol. É bastante utilizada en astronomía para expresar a órbita dos planetas e outros corpos celestes no ámbito da astronomía planetaria, valendo aproximadamente 150 millóns de quilómetros.

Definición

É o radio da órbita circular dun planeta de masa despreciable e libre de perturbacións cuxo movimento medio é de “K” radiáns por día á volta do Sol, onde “K” é a constante gravitacional de Gauss, coa unidade de tempo do día solar e a unidade de masa, a masa do Sol. Esa unidade está, entón, relacionada coas dimensións do sistema solar e co movimento da Terra.

En termos prácticos, a unidade astronómica pode ser definida como a distancia media entre a Terra e o Sol, cun valor aceptado de 149.597.870.610 metros.

A súas relacións con outras unidades de distancia utilizadas na astronomía son:

Historia

Foi no século II a. C. cando o astrónomo grego Hiparco tentou facer o primeiro cálculo coñecido da distancia entre a Terra e o Sol, aproveitando os eclipses totais da Lúa. O seu método, porén, era bastante impreciso e deu valores equivocados.

No inicio do século XVII, a determinación da distancia da Terra ao Sol era a máis importante da astronomía, e Edmund Halley propuxo un método baseado na paralaxe da observación de dous astrónomos situados distantes un do outro a observar o tránsito de Venus sobre o disco solar para evaluar mellor esta distancia. Sen embargo, dada a raridade do fenómeno, somente en 1631 e 1639 ocorreu ese fenómeno e, entón, foi posible aplicar o método de Halley para calcúlala, dando un valor de preto de 150 millóns de quilómetros.

Actualmente, utilizanse modernos métodos de deflexión de ondas de radio para determinación máis precisa desta distancia, (utilizase un radiotelescopio, p. ex. o de Arecibo para emitir unha onda de radio cara a estrela, neste caso o Sol, e calculase a distancia segundo o tempo de demora na recepción da sinal de rebote).

Véxase tamén

Ligazóns externas