Afonso III de Oviedo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 1524076 de Toliño (conversa); última edición boa
Liña 23: Liña 23:
Asi pois, [[García]] comezou a reinar toda a [[reino de Galiza|Galiza]] desde o ano [[910]] con capital na cidade de [[León, España|León]], os seus irmáns, supeditados á autoridade real de García, administraron os territorios afins a eles, Ordoño administrou a franxa occidental (a actual [[Galiza]] e norte de [[Portugal]] e [[Froila]] a franxa cantábrica (actuais [[Asturias]] e [[Cantabria]]).
Asi pois, [[García]] comezou a reinar toda a [[reino de Galiza|Galiza]] desde o ano [[910]] con capital na cidade de [[León, España|León]], os seus irmáns, supeditados á autoridade real de García, administraron os territorios afins a eles, Ordoño administrou a franxa occidental (a actual [[Galiza]] e norte de [[Portugal]] e [[Froila]] a franxa cantábrica (actuais [[Asturias]] e [[Cantabria]]).


{{Start box}}
{{Succession box | título = [[Lista de monarcas de Galicia|Rei de Galicia]] | período = [[866]] - [[910]] | predecesor = [[Ordoño I]]| sucesor = [[García I de León|García I]]}}
{{End box}}


== Bibliografía ==
{{Gobernante|
* Xosé Antonio López Teixeira, ''Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)'', Editorial Toxosoutos, S.L. 02/[[2003]].
ESPAZO_POLITICO=[[Reino de Galiza]]|
* Anselmo López Carreira, ''O reino medieval de Galicia'', Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., [[2005]], ISBN 84-96403-54-8.
DINASTIA=|
* Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, ''Os reis de Galicia'', Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
ANTES=[[Ordoño I]]|
* Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
DEPOIS=[[García I de León|García I]]|
* Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN: 978-84-936218-1-0.
DATA_ENTRADA=[[866]]|
DATA_SAIDA=[[910]]|
}}


[[Categoría:Reis de Galicia]]
[[Categoría:Reis de Galicia]]
Liña 45: Liña 46:
[[id:Alfonso III dari León]]
[[id:Alfonso III dari León]]
[[it:Alfonso III delle Asturie]]
[[it:Alfonso III delle Asturie]]
[[ja:アルフォンソ3世 (アストゥリアス王)]]
[[ka:ალფონსო III (ასტურია)]]
[[ka:ალფონსო III (ასტურია)]]
[[lt:Alfonsas III]]
[[lt:Alfonsas III]]
[[mwl:Afonso III de las Astúrias]]
[[mwl:Fonso III de las Astúrias]]
[[nl:Alfons III van Asturië]]
[[nl:Alfons III van Asturië]]
[[pl:Alfons III Wielki]]
[[pl:Alfons III Wielki]]

Revisión como estaba o 27 de abril de 2010 ás 18:40

Ficheiro:Afonso III Regi Gallaeciarum.jpg
Miniatura medieval do Libro dos Testamentos (Oviedo) no que se representa ao rei Afonso III coa raíña Ximena e o bispo Gomelo II.

Afonso III alcumado o Grande (84820 de decembro de 910), fillo do rei Ordoño I, reinou entre os anos 866 e 910 sendo o derradeiro rei da Galiza altomedieval ((Regi Gallaeciarum) que gobernou desde a cidade de Oviedo (rex in Oveto). A súa autoridade real foi seriamente cuestionada en varias ocasións durante o seu reinado.

Reinado

Durante o seu mesmo acceso ó trono, o conde galego Froila rebelouse contra el, apañándolle o trono e proclamándose rei de Galiza, en Oviedo. Isto obrigou a Afonso III a refuxiarse en Castela, de onde regresou unha vez derrotado e morto o rei Froila, uns meses máis tarde. Esta non foi a única actitude hostil cara ó seu reinado por parte dos nobres galegos, xa que nun documento da doazón das salinas da Lanzada por parte do rei á igrexa de Santiago, no 886, relátase que as salinas pertenceran a Hermenexildo Pérez e á súa dona Iberia, que se sublevaron contra Afonso e, xunto con outros cómplices, planearon a súa morte.

Así pois cedeu o goberno de Galiza ó seu fillo, o príncipe Ordoño, quen rexeu en vida de Afonso III, e por encargo del o Reino da Galiza, consolidándoo durante un período de fraqueza dos Omeias de Córdoba.

En 868 conquista o Porto e, en 878, a cidade de Coimbra. Ordena a redacción das súas crónicas, coa que pretendía establecer un vinculo xenealóxico entre el e os derradeiros reis visigodos.

Traslado da sede rexia á cidade de León

Tempo antes do ano 910 os monarcas galaicos comezaron trasladar funcións militares e políticas desde antiga capital Oviedo ata unha cidade máis ao sur, León. A cidade de León, sita na Galiza dende o Imperio Romano supoñía un importante enclave estratéxico, onde confluian dúas importantes rutas; por unha banda a vía que unía Braga con Burdeos, e por outra a ruta da prata, que chegaba a Galiza dende Spania, pasando polas cidades de Sevilla e Mérida.

O feito de que León carecera de bispo e señores feudais —non así na veciña Astorga- ó igual que acontecera con Oviedo, facia daquel antigo asentamento militar romano unha encrucillada idónea para asentar a nova corte. León, unha cidade estratexicamente útil situada na Galiza altomedieval como destacaban os propios cristiáns in civitate que vocitatur Legio, territorio Gallecie (na cidade que chaman León, territorio de Galiza) ou in Legione de Galletia (en León de Galiza) e musulmáns, convertíase a comezos do século X na nova capital dos reis.

Derrocamento e sucesión

Mapa da Galiza altomedieval no ano 891, onde se reflicten os diferentes territorios do reino.

Pouco antes do ano 910 Afonso III sufría unha nova tentativa de derrocamento, esta vez a mans do seu fillo primoxénito, García. Casado con Munia -filla do conde castelán Munio Fernández-, García encabezou a conxura instigado polo seu sogro, quen se resistía a acatar a autoridade real en Castela. Tras un periodo de inestabilidade política, Afonso III deixa finalmente o poder, herdando García o reino e facendo efectiva finalmente o traslado da sede rexia desde Oviedo ata León.

Asi pois, García comezou a reinar toda a Galiza desde o ano 910 con capital na cidade de León, os seus irmáns, supeditados á autoridade real de García, administraron os territorios afins a eles, Ordoño administrou a franxa occidental (a actual Galiza e norte de Portugal e Froila a franxa cantábrica (actuais Asturias e Cantabria).


Predecesor:
Ordoño I
 Rei de Galicia 
866 - 910
Sucesor:
García I

Bibliografía

  • Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  • Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
  • Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  • Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
  • Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN: 978-84-936218-1-0.