Sancha I de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m moveu "Sancha I de Galiza" a "Sancha I de Galicia": en concordancia co que se vén facendo.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de abril de 2010 ás 15:58

Miniatura medieval que representa á raíña Sancha I e ao seu consorte Fernando I.

A raíña Sancha I de Galicia (1013 - 7 de noviembre de 1067). Filla de Afonso V e da súa esposa, a raíña Elvira Menéndez de Melanda, foi infanta e raíña de toda a Galicia altomedieval, convirtindose o seu marido, o conde de Castela Fernando I, en rei consorte pero con poder efectivo á morte de Vermudo III, irmán da raíña Sancha, que perdeu a vida na Batalla de Tamarón.

Biografía

Filla de Alfonso V e da súa esposa, a raíña Elvira Menéndez, irmá de Vermudo III, Sancha foi a herdeira final dos dereitos ao trono do Reino de Galicia como filla do rei Alfonso V e irmá de Vermudo III, dereitos que transmitiu aos seus fillos. O que sería o seu marido, Fernando I adquiriu o título de rei, tras casar con Sancha, se ben paradóxicamente Fernando fora un dos cabaleiros navarros que acabara coa vida do seu irmán, e rei, Vermudo III. Antes de se casr co navarro Fernando I, estivo prometida con García Sánchez, conde de Castela. Cando ía coñecer á infanta, este foi asasinado pola familia Vea nas rúas de León o 13 de maio de 1028.

A Igrexa católica venéraa como beata. Xunto ao seu esposo ordenou a construción da Colexiata de San Isidoro, na cidade de León, onde se depositaron as reliquias do santo, que foran traídas desde Sevilla.

Faleceu na cidade de León o día 7 de novembro de 1067.

Matrimonio e descendencia

Contraxo matrimonio con Fernando I, fillo do rei navarro Sacho Garcés III de Pamplona e Muniadona. De esta unión naceron:


Predecesor:
Vermudo III
 Raíña de Galicia 
1037 - 1065
Sucesor:
Afonso, García, Sancho