Sionismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ur:صیہونیت
Liña 61: Liña 61:
[[tr:Siyonizm]]
[[tr:Siyonizm]]
[[uk:Сіонізм]]
[[uk:Сіонізм]]
[[ur:صیہونیت]]
[[wa:Siyonisse]]
[[wa:Siyonisse]]
[[yi:ציוניזם]]
[[yi:ציוניזם]]

Revisión como estaba o 23 de abril de 2010 ás 01:54

O sionismo é un movemento que defende a volta dos xudeus a Palestina (chamada polos xudeus Eretz Israel ou simplemente Haaretz, A Terra). Cando o xornalista vienés Theodor Herzl asistiu en París á degradación do oficial Dreyfus, inxustamente acusado de espionaxe por ser xudeu, decatouse de que o seu pobo nunca se integraría en Europa, o que o levou a fundar en Basilea en 1897 a Organización Sionista Mundial (de Sión, monte de Xerusalén), que recadaba fondos para comprar terreos e favorecer a inmigración a Palestina. A afluencia de inmigrantes foi ben vista inicialmente polos árabes, pero a medida que a poboación xudía aumentaba e se facía probable a consecución dun estado propio para estes, a opinión da poboación árabe foi cambiando. O desenvolvemento económico propiciou tamén unha migración árabe doutros estados cara a Palestina, mesturándose coa poboación árabe autóctona.

Tras as presións xudías, o goberno inglés emitiu a Declaración Balfour, na que este se comprometía á creación dun fogar xudeu. O holocausto xudeu durante a Segunda Guerra Mundial foi un dos factores decisivos que levou á decisión da ONU da partición de Palestina nun estado xudeu e outro árabe. A poboación local e os gobernos árabes non aceptaron esa decisión e declaráronlle a guerra en 1948 ó creado Estado de Israel comenzando a Primeira Guerra Árabe-Israelí, dentro do conflito que aínda non se resolveu.

Modelo:Link FA