Mar Vermello: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: so:Badacas
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: mk:Црвено море
Liña 65: Liña 65:
[[lv:Sarkanā jūra]]
[[lv:Sarkanā jūra]]
[[mg:Ranomasina Mena]]
[[mg:Ranomasina Mena]]
[[mk:Црвено Море]]
[[mk:Црвено море]]
[[ml:ചെങ്കടൽ]]
[[ml:ചെങ്കടൽ]]
[[mn:Улаан тэнгис]]
[[mn:Улаан тэнгис]]

Revisión como estaba o 22 de abril de 2010 ás 02:10

Mar Vermello

O Mar Vermello é un golfo do Océano Índico entre África e Asia. Ó sur, o Mar Vermello comunica co Océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Acaba e a canle de Suéz (que permite a comunicación co Mar Mediterráneo).

Características

O Mar Vermello ten pouco máis de 1900 Km de longo, por un largo máximo de 300 km e unha profundidade máxima de 2500 m na foxa media central, cunha profundidade media de 500 m. Hai unha chea de formacións coralinas de gran sona pola exuberancia de vida submariña que o habitan, con grande variedade de peixes ou de magníficos corais. A superficie do Mar Vermello é duns 450.000 km². Está poboado por máis de 1.000 especies de invertebrados, de 200 especies de corais e de polo menos 300 especies de tiburóns.

As temperaturas da superficie son relativamente constantes, entre 21 e 25 °C. A visibilidade é bastante boa ata os 200 m de profundidade pero pódense levantar ventos fortes rapidamente e as correntes vólvense perigosas.

A creación do Mar Vermello débese á separación de África e a Península Arábiga (Asia). O movemento comezou hai uns trinta millóns de anos e segue hoxe en día, isto é o que explica a existencia dunha actividade volcánica nas partes máis profundas deste mar. Asegúrase que o Mar Vermello converterase nun océano, como se propón no modelo de Tuzo Wilson e parece verse confirmado polo aumento da chamada 'fenda de África'. O Mar Vermello é un destino turístico de sona, sobre todo entre os mergulladores.

Os países lindantes co Mar Vermello son Exipto, Sudán, Eritrea e Xibuti na beira africana e Israel, Xordania, Arabia Saudita e Iemen na beira Asiática. Algunhas cidades costeiras do Mar Vermello son: Assab, Port Sudan, Port Safaga, Hurghada, Suéz, Sharm el-Sheikh, Eilat, Acaba, Dahad, Jedda, Al-Hudaidah.