Diferenzas entre revisións de «Ad hoc»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Espacio>espazo etc
m (bot Engadido: ca:Ad hoc)
m (Espacio>espazo etc)
 
== Uso en lóxica ==
 
Unha hipótese ''ad hoc'' é unha hipótese concreta creada expresamente, xeralmente para explicar un feito que contradí unha teoría.
Algunhas hipóteses non son suficientes por si soas e requiren que se poñan en conxunción con outras, que teñen un carácter instrumental ou auxiliar, e ás que se denominan hipóteses auxiliares. Estas hipóteses cumpren o papel de premisas adicionais, suponse que deben cumprir dous requisitos que son :
#Ser contrastadas con anterioridade ou con independencia das hipóteses fundamentais.
 
De non cumprirse istosestes requisitos, dirase que se trata dunha hipótese ''ad hoc''. Ou noutras palabras, é un enunciado irrefutable destinado a "blindar" á hipótese principal para salvala da falsación.
 
== Uso en dereito ==
 
Como termo xurídico ''ad hoc'' pode ser interpretado como "para fin específico". Por exemplo, un "avogado ''ad hoc''" significa que é un [[avogado]] nomeado ou designado para ese caso concreto. Polo mesmo motivo, unha norma ''ad hoc'' o un contrato'' ad hoc'' sería aquel ou aquela que foron elaborados para unha situación concreta, e que terán pouca ou nula aplicabilidade máis alá desa situación.
 
De igual xeito é utilizado para os domicilios dos avogados, cando pertencen a outra [[xurisdición]] e deben elixir un domicilio ''ad hoc'' na xurisdición onde se atopa ventilando un caso, razón para a cal elixen o domicilio ''ad hoc'' para ese caso en especifico.
 
== Uso en telecomunicacións e informática ==
 
En redes de comunicación, esta expresión fai referencia a unha rede (especialmente sen fíos) na que non hai un nó central, senón que todos os ordenadores están en igualdade de condicións. ''Ad hoc'' é o modo máis sinxelo para o armado dunha rede. Só se necesita contar con 2 placas ou tarxetas de [[rede sen fíos]] (da mesma tecnoloxía). Unha vez instaladas nos [[PC]] utilízase o [[software]] de configuración do fabricante para configuralas no modo ''ad hoc'', definindo o identificador común que utilizarán (SSID). Este modo é recomendable só en caso de que necesitemos unha comunicación entre non máis de dous dispositivos. Son por exemplo redes ''ad hoc'' as que se crean de forma espontánea, sen unha infraestrutura específica e funcionando nun espacioespazo e tempo limitados.
 
O termo tamén se utiliza en [[informática]] para referirse a consultas en bases de datos ''ad hoc querying'' ou ''ad hoc reporting''. Isto implica que o sistema permite ao usuario personalizar unha consulta en tempo real, en vez de estar atado ás consultas predeseñadas para informes. Xeralmente as consultas ''ad hoc'' permiten aos usuarios con pouca experiencia en SQL ter o mesmo acceso á información da base de datos, para isto os sistemas que soportan ''ad hoc'' posúen GUIs para xeneralas.
43.147

edicións

Menú de navegación