Richard Réti: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mk:Рихард Рети
Liña 53: Liña 53:
[[hu:Réti Richárd]]
[[hu:Réti Richárd]]
[[it:Richard Réti]]
[[it:Richard Réti]]
[[mk:Рихард Рети]]
[[nl:Richárd Réti]]
[[nl:Richárd Réti]]
[[pl:Richard Réti]]
[[pl:Richard Réti]]

Revisión como estaba o 17 de abril de 2010 ás 20:00

Modelo:Infobox biografía Richard Réti, nado o 28 de maio de 1889 en Pezinok (agora Eslovaquia) e finado o 6 de xuño de 1929 en Praga, foi un xogador de xadrez checoslovaco, aínda que naceu en Pezinok, nese entón pertencente a Hungría.

Traxectoria

Naceu no seo dunha acomodada familia xudía húngara, pero el considerábase vienés. Reti tiña un gran sentido do humor e sempre estaba sorrindo, excepto cando vía algún automóbil porque lles tiña gran pavor.

Un dos máis grandes xogadores do mundo durante os anos 10 e os anos 20, Réti comezou a súa carreira como xogador clásico ferozmente combinativo, favorecendo aperturas tales como o Gambito de rei (1. e4 e5 2. f4). Con todo despois do final da primeira guerra mundial, o seu estilo experimentou un cambio radical, e converteuse nun dos autores principais do hipermodernismo, xunto con Aron Nimzowitsch e outros. De feito, coa excepción notable do aclamado libro de Nimzowitsch O meu sistema, é considerado como o maior contribuínte literario do movemento.

A Apertura Reti (1. ♘f3 d5 2. c4), coa cal derrotou ao entón campión do mundo José Raúl Capablanca en Nova York 1924 —a primeira derrota de Capablanca en oito anos e a primeira logo do título— é nomeada na súa honra. Tartakower denominou a esta apertura como "a apertura do porvir".

Era tamén un compositor notable na parte final do xogo. En 1925 Réti logrou a marca mundial para a variedade de xadrez a cegas con 29 xogos simultáneos. Incriblemente, gañou vinte e un destes, empatou seis e perdeu soamente dous.

Os seus escritos son considerados como clásicos no mundo do xadrez: Novas ideas en xadrez (1922) e Os mestres do taboleiro de xadrez (1930) aínda se estudan hoxe en día.

Réti morreu o 6 de xuño 1929 en Praga vítima de escarlatina.

Publicacións

  • Novas ideas en xadrez (1922)
  • Os mestres do taboleiro de xadrez (1930)