Wikipedia:Como crear unha páxina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30: Liña 30:
</center>
</center>


==Cousas a ter en conta==
==Cousas para ter en conta==
#Se un mesmo tema pode ter diversos títulos, '''non crees varias páxinas cos mesmos contidos'''. No canto diso, escolle o nome máis habitual e [[Wikipedia:Como redireccionar unha páxina|crea redireccións]] dunhas páxinas cara ás outras. Así conseguirás que alguén que faga unha procura cun dos outros nomes vaia parar ata o nome elixido polo editor da páxina.
#Se un mesmo tema pode ter diversos títulos, '''non crees varias páxinas cos mesmos contidos'''. No canto diso, escolle o nome máis habitual e [[Wikipedia:Como redireccionar unha páxina|crea redireccións]] dunhas páxinas cara ás outras. Así conseguirás que alguén que faga unha procura cun dos outros nomes vaia parar ata o nome elixido polo editor da páxina.
#Outro asunto é que a páxina '''non quede [[:Categoría:Artigos orfos|illada]]''', iso quere dicir que cómpre atopar relacións con outras páxinas e establecer ligazóns entre elas para que máis persoas cheguen ata ela, facilitando a chegada ata a información que se busca nesta enciclopedia.
#Outro asunto é que a páxina '''non quede [[:Categoría:Artigos orfos|illada]]''', iso quere dicir que cómpre atopar relacións con outras páxinas e establecer ligazóns entre elas para que máis persoas cheguen ata ela, facilitando a chegada ata a información que se busca nesta enciclopedia.

Revisión como estaba o 17 de abril de 2010 ás 11:01

Atallo:
WP:CCP

A Wikipedia está constituída polos artigos que os seus colaboradores redactan. Actualmente, na Galipedia existen 205.938 artigos; non obstante, aínda quedan outros moitos cos que se pode mellorar, completar e aumentar a información que está aquí. Para facelo, podes crear unha nova páxina sobre un tema que non teña artigo. Antes disto, cómpre asegurarse de que non existe outra páxina co mesmo contido que vas editar. Lembra sempre respectar o formato habitualmente empregado para contribuír á cohesión xeral nos artigos.

Diferentes xeitos de comezar

Comezar un artigo é moi sinxelo se sabes o que vas poñer nel: simplemente basta con escribir o texto e gardalo! Para facelo, podes seguir, indistintamente, calquera destas maneiras expostas a continuación.

Desde unha ligazón vermella

Ao leres un artigo, atoparás diversas ligazóns internas cara a outros artigos do wiki. As ligazóns azuis correspóndense con artigos que xa existen e que podes mellorar. As vermellas, pola contra, son artigos que non existen e que quizais ti queiras comezar. Preme sobre a ligazón e poderás comezar a editar a páxina para redactar os seus contidos.

Facendo unha procura

Podes empregar o cadro de buscas que hai na barra lateral esquerda para realizar unha procura nos contidos de toda a Galipedia. Deste xeito estarás seguro de que aínda non existe a páxina que tes pensado crear. Ao buscar un título, atoparás unha ligazón vermella que te levará ata o formulario de edición dese artigo.

Como alternativa, podes usar este cadro de procuras semellante ao da marxe.

A Galipedia, a enciclopedia que calquera pode editar!
Introduce o título
e fai clic en "Crear un artigo novo".

Cousas para ter en conta

  1. Se un mesmo tema pode ter diversos títulos, non crees varias páxinas cos mesmos contidos. No canto diso, escolle o nome máis habitual e crea redireccións dunhas páxinas cara ás outras. Así conseguirás que alguén que faga unha procura cun dos outros nomes vaia parar ata o nome elixido polo editor da páxina.
  2. Outro asunto é que a páxina non quede illada, iso quere dicir que cómpre atopar relacións con outras páxinas e establecer ligazóns entre elas para que máis persoas cheguen ata ela, facilitando a chegada ata a información que se busca nesta enciclopedia.
  3. E por suposto, o título debe ser claro, que inequivocamente indique o contido, e o máis sinxelo posible, gardando as normas sobre maiúsculas e minúsculas, separacións entre palabras e outros aspectos.
  4. Ten en conta que non está permitido crear páxinas sobre un mesmo ou sobre un amigo, páxinas promocionais, ensaios persoais ou calquera outro tipo de artigo que non atoparías nunha enciclopedia. Tampouco se poden copiar materiais con dereitos de autor ou con textos conflitivos.

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:VoltarAxuda