Johán Carballeira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
Sobre os primeiros anos das súa vida son aínda escasos os datos que se posúen. Era fillo de José Juan Gómez del Campo, natural da [[Póboa do Caramiñal]], e de Rolendis de la Cueva García, veciña de [[Bueu]]. A familia, á que pouco e pouco irán sumándoselle fillos até chegar aos seis, trasladouse a Bueu arredor do ano [[1915]].

Estudou o [[bacharelato]] no colexio [[Maristas]] de Vigo e no Samaniego de [[Santiago de Compostela|Compostela]]; posteriormente, había facer ainda tres anos de [[tenedor de libros]] en [[Madrid]].
Estudou o [[bacharelato]] no colexio [[Maristas]] de Vigo e no Samaniego de [[Santiago de Compostela|Compostela]]; posteriormente, había facer aínda tres anos de [[tenedor de libros]] en [[Madrid]].

==Xornalista==
==Xornalista==
A dimensión pública de José Gómez de la Cueva iniciouse en [[1923]], a través das páxinas literarias de ''[[Faro de Vigo]]'', onde apareceron os seus poemas e narracións en español de estilo [[modernismo|modernista]], que delatan aínda a falta de madurez do escritor. Nos anos 26 e 27 a sua sinatura aparece en duas importantes revistas da época: na viguesa ''[[Vida Gallega]]'' e en ''[[Céltiga]]'', o voceiro da colectividade galega en América, onde aparecerán os seus textos.
A dimensión pública de José Gómez de la Cueva iniciouse en [[1923]], a través das páxinas literarias de ''[[Faro de Vigo]]'', onde apareceron os seus poemas e narracións en español de estilo [[modernismo|modernista]], que delatan aínda a falta de madurez do escritor. Nos anos 26 e 27 a súa sinatura aparece en dúas importantes revistas da época: na viguesa ''[[Vida Gallega]]'' e en ''[[Céltiga]]'', o voceiro da colectividade galega en América, onde aparecerán os seus textos.

A partir de [[1927]], co pseudónimo de "Johán Carballeira", iniciou a súas colaboracións con ''[[El Pueblo Gallego]]'' como correspondente do xornal en Bueu. Este mesmo ano iniciou a sua amizade cos poetas e intelectuais mozos da [[Xeración de Vangarda]]: [[Rafael Dieste]] -redactor xefe do xornal-, [[Augusto Casas]], [[Correa Calderón]], [[Fernández Mazas]], [[Santiso Girón]], [[Bal y Gay]], etc., colaboradores asiduos de ''El Pueblo Gallego'' e moitos hoxe inmerecidamente esquecidos.
A partir de [[1927]], co pseudónimo de "Johán Carballeira", iniciou a súas colaboracións con ''[[El Pueblo Gallego]]'' como correspondente do xornal en Bueu. Este mesmo ano iniciou a súa amizade cos poetas e intelectuais mozos da [[Xeración de Vangarda]]: [[Rafael Dieste]] -redactor xefe do xornal-, [[Augusto Casas]], [[Correa Calderón]], [[Fernández Mazas]], [[Santiso Girón]], [[Bal y Gay]], etc., colaboradores asiduos de ''El Pueblo Gallego'' e moitos hoxe inmerecidamente esquecidos.
En [[1929]], despois de que as súas colaboracións fosen facéndose máis numerosas en seccións fixas, entrou a formar parte da redacción, iniciando unha carreira periodística que o converteu ao pouco tempo no xornalista mozo máis importante da época.

En 1929 aparece entre os fundadores dunha nova revista viguesa, ''[[Gaceta de Galicia]]'', aínda que o seu labor fundamental seguía a estar en ''El Pueblo Gallego'', onde se ocupaba das entrevistas, xénero xornalístico daquela novo en Galicia e do que o escritor foi o verdadeiro iniciador. Merecen ser destacadas as entrevistas a [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Margarita Xirgu]] ou [[Manuel Colmeiro Guimarás|Colmeiro]]. Foron célebres tamén as súas reportaxes (outro xénero inusual na Galicia da época). E, igualmente, o seu nome apareceu en moitísimos artigos de crítica literaria.
En 1929 aparece entre os fundadores dunha nova revista viguesa, ''[[Gaceta de Galicia]]'', aínda que o seu labor fundamental seguía a estar en ''El Pueblo Gallego'', onde se ocupaba das entrevistas, xénero xornalístico daquela novo en Galicia e do que o escritor foi o verdadeiro iniciador. Merecen ser destacadas as entrevistas a [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Margarita Xirgu]] ou [[Manuel Colmeiro Guimarás|Colmeiro]]. Foron famosas tamén as súas reportaxes (outro xénero inusitado na Galicia da época). E, igualmente, o seu nome apareceu en moitísimos artigos de crítica literaria.

A súa sona xornalística chegou a toda España, e a partir de [[1933]] apareceu como colaborador dor xornais madrileños ''Luz'' e ''Ahora'', e na revista ''Estampa''. En [[1935]] era coñecido como o xornalista galego en activo máis importante da época.

Liña 20: Liña 20:
Carballeira segue a ser hoxe en día un dos esquecidos da "Xeración galega de vangarda". A pesar do prestixio do seu nome e a obra na primeira metade dos 30, na actualidade é máis o que descoñecemos del que o coñecido. As causas son moitas: a adhesión á República e ó [[Galeguismo (política)|galeguismo]], a oposición ao [[Alzamento Nacional|levantamento militar de 1936]], o seu xuízo e fusilamento, a dispersión da súa obra literaria, que nunca chegou a recollerse en libro e o carácter efémero do núcleo máis numeroso do seu labor, o traballo periodístico.

En [[1926]] comezaron a aparecer os seus poemas nos xornais. En [[1928]] encontramos os primeiros indicios de que está traballando nun libro de poemas, ''Cartafol'', que continuaría nos anos seguintes, ainda que nunca chegou a publicarse.
En [[1926]] comezaron a aparecer os seus poemas nos xornais. En [[1928]] encontramos os primeiros indicios de que está traballando nun libro de poemas, ''Cartafol'', que continuaría nos anos seguintes, aínda que nunca chegou a publicarse.

==Alcalde==
==Alcalde==
Coa proclamación da República en [[1931]], a xeración de Carballeira e el mesmo verán cumpridos parte dos seus ideais. Aínda que manifesta a súa adhesión ao [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] xa desde a súa fundación (decembro do 31), non ocupará cargos de responsabilidade ata que é elexido Secretario da Agrupación Local do P.G. en Bueu en [[1934]].
Coa proclamación da República en [[1931]], a xeración de Carballeira e el mesmo verán cumpridos parte dos seus ideais. Aínda que manifesta a súa adhesión ao [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] xa desde a súa fundación (decembro do 31), non ocupará cargos de responsabilidade ata que é elixido Secretario da Agrupación Local do P.G. en Bueu en [[1934]].

En abril de [[1935]] entrou a formar parte da dirección do Partido Galeguista e o seu nome figura entre os máis votados nas eleccións internas de candidatos para aparecer nas listas da [[Fronte Popular]] ás eleccións a Cortes (febreiro de 1936), pero finalmente non formará parte da candidatura. Isto é só o indicio da grande popularidade de Carballeira.

Liña 31: Liña 31:
A intervención pública e directa na política non se produciu ata marzo de 1936, cando, tras a vitoria da Fronte Popular e a disolución dos concellos, foi nomeado alcalde de Bueu.
A intervención pública e directa na política non se produciu ata marzo de 1936, cando, tras a vitoria da Fronte Popular e a disolución dos concellos, foi nomeado alcalde de Bueu.

A súa presenza na alcaldía foi breve, pero aínda así permitiulle actuacións aínda hoxe lembradas entre os máis vellos: grazas as súas xestións diante dos mariñeiros, conserveiros e concellos do litoral, logrou que se establecese un prezo múnimo para a sardiña, un dos problemas máis graves cos que se enfrentaba a xente do mar daquela. Esta actuación deu lugar a que no día anterior ao levantamento militar se lle rendese unha homenaxe en Bueu por parte de mariñeiros e armadores.
A súa presenza na alcaldía foi breve, pero aínda así permitiulle actuacións aínda hoxe lembradas entre os máis vellos: grazas as súas xestións diante dos mariñeiros, conserveiros e concellos do litoral, logrou que se establecese un prezo mínimo para a sardiña, un dos problemas máis graves cos que se enfrontaba a xente do mar daquela. Esta actuación deu lugar a que no día anterior ao levantamento militar se lle rendese unha homenaxe en Bueu por parte de mariñeiros e armadores.

Non se sabe exactamente a data da súa detención (debeu ser en agosto do 36). O xuízo non se produciu ate o [[29 de decembro]] dese ano, en que compareceu en [[consello de guerra]] ante o [[tribunal militar]] de Pontevedra xunto con dezaoito veciños máis de Bueu. Ó día seguinte, foron todos condenados a morte agás un; a condena sería conmutada mais tarde a algúns deles pola de cadena perpetua.
Non se sabe exactamente a data da súa detención (debeu ser en agosto do 36). O xuízo non se produciu ate o [[29 de decembro]] dese ano, en que compareceu en [[consello de guerra]] ante o [[tribunal militar]] de Pontevedra xunto con dezaoito veciños máis de Bueu. Ó día seguinte, foron todos condenados a [[pena de morte|morte]] agás un; a condena sería conmutada mais tarde a algúns deles pola de [[cadea perpetua]].

A sentenza de Carballeira tardou aínda en cumprirse; o escritor pasou os meses seguintes no lazareto da [[Illa de San Simón]], onde estiveron outros destacados intelectuais republicanos. A sentenza executouse o [[17 de abril]] de [[1937]], a primeiras horas da mañá, na [[A Caeira, San Salvador de Poio, Poio|Caeira]]. O seu corpo foi enterrado nunha foxa común do camposanto de San Amaro.

Revisión como estaba o 15 de abril de 2010 ás 11:53

José Francisco Gómez de la Cueva, coñecido polo seu pseudónimo Johán Carballeira, nado en Vigo o 13 de febreiro de 1902 e finado na Caeira o 17 de abril de 1937, foi un xornalista e político galego en tempos da II República.

Traxectoria

Sobre os primeiros anos das súa vida son aínda escasos os datos que se posúen. Era fillo de José Juan Gómez del Campo, natural da Póboa do Caramiñal, e de Rolendis de la Cueva García, veciña de Bueu. A familia, á que pouco e pouco irán sumándoselle fillos até chegar aos seis, trasladouse a Bueu arredor do ano 1915.

Estudou o bacharelato no colexio Maristas de Vigo e no Samaniego de Compostela; posteriormente, había facer aínda tres anos de tenedor de libros en Madrid.

Xornalista

A dimensión pública de José Gómez de la Cueva iniciouse en 1923, a través das páxinas literarias de Faro de Vigo, onde apareceron os seus poemas e narracións en español de estilo modernista, que delatan aínda a falta de madurez do escritor. Nos anos 26 e 27 a súa sinatura aparece en dúas importantes revistas da época: na viguesa Vida Gallega e en Céltiga, o voceiro da colectividade galega en América, onde aparecerán os seus textos.

A partir de 1927, co pseudónimo de "Johán Carballeira", iniciou a súas colaboracións con El Pueblo Gallego como correspondente do xornal en Bueu. Este mesmo ano iniciou a súa amizade cos poetas e intelectuais mozos da Xeración de Vangarda: Rafael Dieste -redactor xefe do xornal-, Augusto Casas, Correa Calderón, Fernández Mazas, Santiso Girón, Bal y Gay, etc., colaboradores asiduos de El Pueblo Gallego e moitos hoxe inmerecidamente esquecidos.

En 1929, despois de que as súas colaboracións fosen facéndose máis numerosas en seccións fixas, entrou a formar parte da redacción, iniciando unha carreira periodística que o converteu ao pouco tempo no xornalista mozo máis importante da época.

En 1929 aparece entre os fundadores dunha nova revista viguesa, Gaceta de Galicia, aínda que o seu labor fundamental seguía a estar en El Pueblo Gallego, onde se ocupaba das entrevistas, xénero xornalístico daquela novo en Galicia e do que o escritor foi o verdadeiro iniciador. Merecen ser destacadas as entrevistas a Ramón Otero Pedrayo, Margarita Xirgu ou Colmeiro. Foron famosas tamén as súas reportaxes (outro xénero inusitado na Galicia da época). E, igualmente, o seu nome apareceu en moitísimos artigos de crítica literaria.

A súa sona xornalística chegou a toda España, e a partir de 1933 apareceu como colaborador dor xornais madrileños Luz e Ahora, e na revista Estampa. En 1935 era coñecido como o xornalista galego en activo máis importante da época.

Poeta

Carballeira segue a ser hoxe en día un dos esquecidos da "Xeración galega de vangarda". A pesar do prestixio do seu nome e a obra na primeira metade dos 30, na actualidade é máis o que descoñecemos del que o coñecido. As causas son moitas: a adhesión á República e ó galeguismo, a oposición ao levantamento militar de 1936, o seu xuízo e fusilamento, a dispersión da súa obra literaria, que nunca chegou a recollerse en libro e o carácter efémero do núcleo máis numeroso do seu labor, o traballo periodístico.

En 1926 comezaron a aparecer os seus poemas nos xornais. En 1928 encontramos os primeiros indicios de que está traballando nun libro de poemas, Cartafol, que continuaría nos anos seguintes, aínda que nunca chegou a publicarse.

Alcalde

Coa proclamación da República en 1931, a xeración de Carballeira e el mesmo verán cumpridos parte dos seus ideais. Aínda que manifesta a súa adhesión ao Partido Galeguista xa desde a súa fundación (decembro do 31), non ocupará cargos de responsabilidade ata que é elixido Secretario da Agrupación Local do P.G. en Bueu en 1934.

En abril de 1935 entrou a formar parte da dirección do Partido Galeguista e o seu nome figura entre os máis votados nas eleccións internas de candidatos para aparecer nas listas da Fronte Popular ás eleccións a Cortes (febreiro de 1936), pero finalmente non formará parte da candidatura. Isto é só o indicio da grande popularidade de Carballeira.

Tiña gran predicamento nos medios galeguistas e republicanos, como proba a súa amizade con Castelao, Bóveda e outros integrantes do grupo galeguista de Pontevedra, ou a presenza con outros intelectuais republicanos de esquerda entre os colaboradores da revista santiaguesa Ser, como Paz Andrade, Vilar Ponte ou Blanco Amor.

A intervención pública e directa na política non se produciu ata marzo de 1936, cando, tras a vitoria da Fronte Popular e a disolución dos concellos, foi nomeado alcalde de Bueu.

A súa presenza na alcaldía foi breve, pero aínda así permitiulle actuacións aínda hoxe lembradas entre os máis vellos: grazas as súas xestións diante dos mariñeiros, conserveiros e concellos do litoral, logrou que se establecese un prezo mínimo para a sardiña, un dos problemas máis graves cos que se enfrontaba a xente do mar daquela. Esta actuación deu lugar a que no día anterior ao levantamento militar se lle rendese unha homenaxe en Bueu por parte de mariñeiros e armadores.

Non se sabe exactamente a data da súa detención (debeu ser en agosto do 36). O xuízo non se produciu ate o 29 de decembro dese ano, en que compareceu en consello de guerra ante o tribunal militar de Pontevedra xunto con dezaoito veciños máis de Bueu. Ó día seguinte, foron todos condenados a morte agás un; a condena sería conmutada mais tarde a algúns deles pola de cadea perpetua.

A sentenza de Carballeira tardou aínda en cumprirse; o escritor pasou os meses seguintes no lazareto da Illa de San Simón, onde estiveron outros destacados intelectuais republicanos. A sentenza executouse o 17 de abril de 1937, a primeiras horas da mañá, na Caeira. O seu corpo foi enterrado nunha foxa común do camposanto de San Amaro.