Crustáceos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ku:Kevjal; cambios estética
engado ligazón
Liña 16: Liña 16:
</gallery>
</gallery>


==Véxase tamén==
{{wikispecies|Crustacea}}
{{Commons|Category:Crustacea|Crustáceos}}
{{Commons|Category:Crustacea|Crustáceos}}
*[[Lista de crustáceos de Galicia]]



[[Categoría:Crustáceos]]
[[Categoría:Crustáceos]]

Revisión como estaba o 14 de abril de 2010 ás 08:54

Os crustáceos (crustacea) son unha clase de artrópodos que comprende máis de 55.000 especies, na súa maioría acuáticas e algunhas parasitas. O estudo científico dos crustáceos coñécese como carcinoloxía. Algúns dos crustáceos máis coñecidos son a lagosta, o camarón, a gamba, o cangrexo, a centola ou o percebe.

krill (Meganyctiphanes norvegica)

Como característica propia e definitoria do grupo podemos citar a presenza dun ollo nauplio nalgunha etapa da súa vida, que pode ser substituído máis tarde por dous ollos compostos, pedunculados ou non.

Os crustáceos teñen xeralmente o corpo segmentado cun par de apéndices en cada segmento. O corpo adoita dividirse en cabeza, tórax e abdome. A fusión de segmentos é común e ás veces a cabeza e o tórax están fundidos no que xeralmente se denomina cefalotórax. Ademais, todos teñen polo menos un par de maxilas e dúas mandíbulas. Tipicamente presentan dous pares de antenas na cabeza, cando menos na fase larvar e pasan por períodos de muda e intermuda para poder crecer. Todos, excepto o grupo cirripedia, son de sexos separados.

Galería de imaxes

Véxase tamén