Baga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Eliminado: br:Hugenn
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: dsb:Jagoda
Liña 64: Liña 64:
[[da:Bær]]
[[da:Bær]]
[[de:Beere]]
[[de:Beere]]
[[dsb:Jagoda]]
[[el:Μούρο]]
[[el:Μούρο]]
[[en:Berry]]
[[en:Berry]]

Revisión como estaba o 14 de abril de 2010 ás 03:35

Amorodo.
Grosella.
Framboesa.
Amora Silvestre.
Uva do Monte.
Arando.

Unha baga, en botánica, é o tipo mais común de froito carnoso simple, no cal a parede do ovario enteiro madura nun pericarpo comestible. As flores desas plantas teñen un ovario superior que ten un ou varios xineceos dentro de unha cobertura fina e interiores moi carnosos. As sementes están embutidas na carne común do ovario. Algúns autores consideran como bagas tamén alguns froitos cunha semente apenas, se a superficie desta semente non está aderida ao endocarpo.

O pericarpo da baga, normalmente comestible, está composto do exterior cara o interior por un epicarpo moi fino, un mesocarpo carnoso (chamado sarcocarpo) e dun endocarpo carnoso, o que a diferencia da drupa, na cal o endocarpo é leñoso.

Na lingua común e culinaria, o termo baga refírese normalmente a calquera froito pequeno e doce. Así, neste sentido, ao contrario do sentido botánico, un amorodo ou unha amora serán bagas, e unha banana ou unha laranxa, non.

O froito da laranxa e limón, son unha baga modificada chamada hesperidio. O froito dos pepinos e seus parentes son bagas modificadas chamadas de “pseudobagas". Á planta que contén bagas chámaselle bacífora.

Na lingua coloquial, a baga refírese a calquer pequeno froito con múltiples sementes. Os froitos agregados como a amora silvestre ou framboesa son bagas neste sentido, mais non no sentido botánico.

Moitas bagas son pequenas, doces, suculentas, e brillantemente coloridas. Contrastando co seu contexto, estes atraen máis aos animais que os comen, axudando na dispersión das sementes da planta. A maior parte das bagas son comestibles, mais algunhas son velenosas.

As cores da baga son causadas por pigmentos naturais sintetizados pola planta. Unha pesquisa médica descubriu propriedades medicinais de polifenois pigmentados, como flavonoides, antocianinas, tanino e outras fitoquímicas localizadas principalmente en peles de baga e sementes. Os pigmentos da baga son normalmente antioxidantes e así teñen unha capacidade radical de absorción de oxixeno]] (Oxygen Radical Absorbance Capacity "ORAC") que é alta entre plantas comestíveis. Xunto co bo contido nutritivo, ORAC distingue varias bagas dentro de unha nova categoría de comida funcional chamada "superfroitos", unha industria de mil millóns de dólares que medra rápidamente comezou en 2005 e é identificada por DataMonitor como unha das 10 mellores categorías alimentarias por crecemento no 2008[1].

Un informe de 2007 combinou catro criterios — contido nutritivo, cualidades antioxidantes, intensidade de pesquisa médica e éxito comercial — dando unha calificación de atividade comercial para seis superfroitos exóticos[2].

Forma botânica
Baga Pseudobaga Hesperídio Non é baga
Forma coloquial Baga Casis, Arando, Arandeira, Grosella Amorodo, Amora, Framboesa
Non é baga Tomate, Caqui, Berenxena, Guaiabo, Lúcuma, Pementa, Granada, Aguacate, Kiwi, Uva, Banana Cabaciña, Cabaza, Pepino, Melón, Sandía Laranxa, Limón, Lima, Pomelo Mazá, Pera, Cereixa, Legumes, Semente do xirasol

Notas

  1. Fresh, super and organic top trends for 2008, FoodNavigator.com-USA, November 2007
  2. Gross PM. Tracking market meteors: exotic superfruits. Natural Products Insider, November 16, 2007

Véxase tamén

Ligazóns externas