Kasimir Malevich: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
retiro categoría inexistente na Galipedia, so esta paxina a require, a paxina tan máis categorías
Liña 61: Liña 61:


[[Categoría:Pintores de Rusia|Malevich, Kasimir]]
[[Categoría:Pintores de Rusia|Malevich, Kasimir]]
[[Categoría:Artistas ucraínos|Malevich, Kasimir]]
[[Categoría:Pintores ucraínos|Malevich, Kasimir]]
[[Categoría:Pintores modernistas|Malevich, Kasimir]]
[[Categoría:Pintores modernistas|Malevich, Kasimir]]



Revisión como estaba o 13 de abril de 2010 ás 19:08

Modelo:Infobox pintor Kasimir Severinovich Malevich (Казимир Северинович Малевич en ruso, Malevych en transcrición ucraína) (23 de febreiro de 1878 - 15 de maio de 1935) foi un pintor e teórico da arte, pioneiro da arte abstracta e un dos pintores rusos de maior soa.

Biografía

Nenez e xuventude

Kasimir Malevich naceu preto de Kiev, Ucraína. O seu pai, Sewerin Antonowitsch Malewitsch (1845–1902) e maila súa nai, Ljudwiga Alexandrowna (1858–1942) eran xudeus de orixe polaca. Na súa familia, ademais do ruso e do ucraíno tamén falábase o polaco. O seu pai traballaba como encargado dunha fabrica da industria azucreira. Kazimir foi o primeiro de 14 fillos, aínda que só nove deles chegaron á idade adulta. A súa familia mudábase a míudo, polo que pasou a súa infancia en moitas vilas ucraínas rodeadas por plantacións de remolachas azucreiras, lonxe dos centros culturais do país. Ata os 12 anos non tivo ningún tipo de coñecemento sobre a arte, malia estar rodeado dela durante a súa nenez. Aos 13 anos de idade comezou a interesarse polo debuxo de temas vencellados coa natureza.

Formación

Primavera, xardín en flor 1912

Estudou debuxo en Kiev dende 1895 ata 1896. En 1896 a familia mudouse a Kursk, onde o pai obtivera un cargo na xerencia dunha empresa ferroviaria, aceptando o seu fillo un emprego como técnico deliniante. A través de reproducións, Malevich coñece o traballo de Iván Shishkin e Ilya Repin, dous pintores naturalistas pertenecentes a un grupo coñecido como Os Itinerantes.

Comeza a pensar que a súa misión como artista é representar a natureza o máis obxectivamente posible. Entre os empregados do ferrocarril, coñece algúns afeccionados e amantes da arte cos que forma unha asociación e un obradoiro cooperativo. Alí oe falar das Escolas de San Petesburgo e Moscova. Sente a necesidad de formarse académicamente e marcha a Moscova en 1904. O seu traballo, nesta época, faise cada vez máis impresionista. Foi un período relativamente longo e estable, no que a súa atención céntrase nos estudos das paisaxes, con composiciones sólidas, malia a fragmentación.

En Moscova estuda na Escola de Pintura, Arquitetura e Escultura dende 1904 ata 1910. Durante ese tempo viviu no obradoiro de Fedor Rerberg en Moscova. No ano 1911 participou na segunda exposición do Soyus Molod'ozhi (Unión da xuventude) en San Petersburgo, xunto con Vladimir Tatlin. En 1912, o grupo fixo a súa terceira exposición, incluindo traballos de Aleksandra Ekster e Tatlin entre outros. En 1914 Malevich exhibiu os seus traballos no Salon des Independants en París xunto con Alexander Archipenko, Sonia Terk, Aleksandra Ekster e Vadim Meller, entre outros. Ao ano seguinte publicou o seu manifesto Dende o Cubismo ao Suprematismo. Entre 1916 e 1917 participou nas exposicións do grupo Jack dos Diamantes en Moscova xunto con Nathan Altman, David Burliuk e A. Ekster, entre outros.

Despois dos seus experimentos con varios estilos modernistas como o cubismo e o futurismo na ópera cubo-futurista A Vitoria do sol, Malevich comezou a traballar co abstracto e os estampados non xeométricos, fundando un movemento que chamou suprematismo. Algúns exemplos do seu suprematismo son Cadrado Negro (1915) e Branco sobre Branco (1918).

Malevich tamén era coñecido pola súa fascinación pola fotografía aérea e a aviación, facendo arte abstracta inspirada nas paisaxes aéreas.

Cadrado Negro, 1915, óleo sobre tela, Museo Ruso Estatal, San Petersburgo

Malevich foi membro do Colexio de Arte de Narkompros, a comisión de proteción dos monumentos e museos. Tamén deu clases na Escola de Arte Práctica en Vitebsk (hoxe en día parte de Bielorrusia) (1919-1922), na Academia de Artes de Leningrado (1922-1927), no Instituto de Arte Nacional de Kiev (1927-1929), e na Casa das Artes de Leningrado (1930). Tamén escribiu o libro O mundo non obxectivo Muníc 1926, no cal amosaba as súas teorías supremacistas.

En 1927, viaxou dende Varsovia ata Alemaña facendo unha viaxe retrospetiva que lle deu soa mundial, e que fixo que cando volvera á Unión Soviética deixase grande parte das súas obras atrás. Cando o rexime estalinista volveuse contra a arte modernista "burguesa", Malevich foi perseguido. Moitos dos seus traballos foron confiscados e esnaquizados, e el acabou morrendo na miseria e soidade no Leningrado da Unión Soviética (hoxe San Petersburgo).

Véxase tamén

Ligazóns externas