Sorbitol: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: el:Σορβιτόλη |
m bot Modificado: it:Sorbitolo |
||
Liña 29: | Liña 29: | ||
[[fr:Sorbitol]] |
[[fr:Sorbitol]] |
||
[[hu:Szorbit]] |
[[hu:Szorbit]] |
||
[[it: |
[[it:Sorbitolo]] |
||
[[ja:ソルビトール]] |
[[ja:ソルビトール]] |
||
[[ko:솔비톨]] |
[[ko:솔비톨]] |
Revisión como estaba o 10 de abril de 2010 ás 03:12
O sorbitol é un azucre de tipo poliol (fórmula empírica: C6H8(OH)6) que o organismo metaboliza lentamente. Emprégase como edulcorante e como espesante nos alimentos. Cualifícase como edulcorante nutritivo porque cada gramo proporciona catro calorías, ó mesmo que o azucre de mesa e o amidón.
Ten as mesmas vantaxes e inconvenientes ca frutosa e é o edulcorante máis habitual nos chicles "sen azucre". No fígado pode transformarse en glicosa e frutosa. Se se toma unha dose alta (máis de 50 gramos de sorbitol día), pode causar diarrea.
O sorbitol encóntrase de xeito natural nalgúns alimentos e tamén se produce industrialmente, por redución do monosacárido máis corrente, a glicosa, con hidróxeno. Tamén se forma no corpo humano. A retinopatía e a neuropatía diabética poderían estar relacionadas coa presenza de demasiado sorbitol nas células dos ollos e os nervios.
Atópase en cantidades apreciables nas algas pardas e, xunto coa frutosa, a glicosa e a sacarosa, en froitos como as peras, as mazás, as cereixas e os melocotóns.
É un sólido higroscópico que se utiliza na industria como humectante para manter diversos produtos cun grao de humidade apropiado. Utilízase na elaboración de alimentos, fármacos e produtos químicos. Utilízase tamén como acondicionador de papel, téxtiles, colas e cosméticos, e tamén como emulsiónante na fabricación de pasteis e doces co obxecto de impedir que se separen a fase acuosa e a fase graxa nestes alimentos.
Como aditivo alimentario, o seu código é o E-420-i. O E-420-ii é o xarope de sorbitol.
Ó ter maior poder edulcorante que o azucre, obtense o mesmo sabor doce cunha cantidade inferior de sorbitol que a que sería necesaria empregando azucre común.